A candidata socialista á Alcaldía de Ferrol, Beatriz Sestayo, centró o seu primeiro mitin desta campaña na Igualdade, cun acto celebrado este sábado no Centro Cultural Carvalho Calero que contou coa presenza da Secretaria Xeral dos socialistas galegos, Pilar Cancela, a secretaria de Igualdade Eva Martínez e a deputada e membro da lista electoral Paloma Rodríguez.
Ó inicio do acto lamentouse e condenouse o último e grave feito de violencia machista, acontecido en Ourense, e que tivo como consecuencia o falecemento dunha muller.
A Igualdade será precisamente un dos eixos da futura acción de goberno socialista en Ferrol e dependerá directamente de alcaldía, anunciou Sestayo, sendo unha área transversal que implique medidas en todas e cada unha das demais concellerías, para ter «un Ferrol que por fin vai ser de igualdade e de igualdade tamén de oportunidades, sen barreiras físicas nin psicolóxicas, sen estereotipos» e «por primeira vez cunha muller alcaldesa».
Na cidade, segundo lembrou Eva Martínez, se producen 709 casos de xénero ó día, sen que iso teña sido suficiente para que se cre un Xulgado de Violencia de Xénero.
«FERROL SERÁ UNHA CIDADE FEMINISTA E SOCIALISTA»
Pero tras o 24 de maio Ferrol será unha «cidade feminista e socialista» que porá fin a catro anos de “agonía e esmorecemento», engadiu na súa intervención Sestayo, cun PP que a converteu na de máis desemprego, maior taxa de pobreza e maior emigración de toda Galicia, e na que Rey Varela creou unha «brecha indigna entre pobres e ricos». «Ferrol é unha cidade dobremente castigada, máis de 3.500 persoas colleron as maletas porque aquí non tiñan futuro, pero é tamén a de máis pobreza de Galicia, porque tivo un goberno que non se ocupou das persoas».
Fronte a isto, o 24 de maio haberá un «goberno socialista e exemplar», que devolverá á cidade todo o que o PP suprimiu, a Oficina de Dependencia, a de Inmigración, a de Inclusión Social, que impulsará medidas de igualdade a través da Casa da Muller e que loitará pola conciliación e a corresponsabilidade. “Por qué nos preguntan a nós cómo nos sentimos cando traballamos, porque non se lle preguntan iso ós homes, non pode ser, o que nós queremos é unha corresponsabilidade, entre homes e mulleres», avanzou.
«O PP quere decidir sobre todas e cada unha das pautas da nosa vida, cómo vestimos, se levamos ou non levamos saia, ou cando e como debemos parir, pero iso se ten que acabar», sentenciou Beatriz Sestayo, porque «o que hai que decidir é que é honrado e que non, quen son corruptos e quen non, quen fai políticas de igualdade para todos e todas ou quen fai políticas para levarse os cartos a Suiza».
«Pero nós faremos un Concello ó servizo dos cidadáns e non do alcalde, como alcaldesa estarei do voso lado, cada problema dos cidadáns será un problema da Alcaldía de Ferrol», avanzou Beatriz Sestayo.
A candidata comprometeu a recuperación de poboación mediante a creación de emprego, a través da Axencia Local de Emprego e Industria, e cunha política social activa fronte ó desprezo do PP. Ademais, se porá en marcha unha política fiscal pública e xusta, que «castigue ós especuladores, que en Ferrol os coñecemos todos con nomes e apelidos».
«CAMPAÑA DO PP A BASE DE CHEQUERA PARA COMPRAR VOTOS»
Será con medidas cun programa feito tras anos «pateando a rúa» e non a base de chequera como o do PP, denunciou Sestayo. O Partido Popular de Rey Varela «cree que pode compralo todo, está firmando convenios a última hora para comprar votos, con asociacións que incluso non saben que van facer cos cartos”, advertiu a candidata socialista.
«O PP cre que poderá compralo todo, pero á maioría desta cidade non nos pode comprar e nós lles ensinaremos o valor da palabra, da honradez e das urnas», e crearemos un «Ferrol dinámico, transparente, vivo, a pé de rúa e non pechado no seu despacho, e por primeira vez cunha alcaldesa».
RECORTES DE MÁIS DUN 50% EN IGUALDADE
A secretaria de organización do Partido Socialista de Galicia, Pilar Cancela, lembrou que os socialistas teñen «unha concepción transversal pola Igualdade» e que deste xeito se aplicaron medidas transversais, que afectaban tanto a educación como ó mundo laboral.
Sen embargo, denunciou, ó PP se limita a falar de programas, pero en realidade aplicou «recortes de máis de 50%, se non tes recursos non podes loitar cunha lacra que custa vidas, porque as mulleres morren e os seus fillos sufren».
«Menos palabrería, menos programa que non se cumpren e máis feitos, temos unha oportunidade, e agora temos dúas semanas para explicarlle á xente o que somos e o que queremos facer», insistiu Pilar Cancela, que destacou que «en Ferrol temos equipo e temos proxecto, e ó fronte deste equipo temos a unha muller, Beatriz Sestayo, que ten ensinado ó longo da súa traxectoria política, a súa capacidade de traballo e a súa entrega, o seu convencemento cos valores socialistas, e iso non se disimula, e ela ten iso e moito máis».
«Aquí onde naceu o noso fundador, Pablo Iglesias, Beatriz ti vas ser digna alcaldesa dunha cidade na que naceu o fundador do Partido Socialista, onde o PSOE se vai sentir tan orgulloso de ti que te vamos a arroupar, e estou convencida de que é tan sólido este proxecto e este equipo que Ferrol vai ter unha alcaldesa, e vai ser Beatriz Sestayo», concluiu.
Una ciudad socialista al estilo maduro o al estilo castro. Y a los que no somos socialistas nos impondras ser socialista. Vete por ahí prepotente.