A deputada do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento autonómico Carme Adán asegurou na mañá deste xoves, día 26, que «o Concello de Narón sofre a discriminación do Partido Popular no que respecta, entre outras cuestións, ás escolas infantís». A parlamentaria realizou unha breve visita ás instalacións dun destes centros, de propiedade municipal, acompañada do voceiro e candidato á Alcaldía polo BNG, Pablo Villamar, a concelleira Teri Sabio e a secretaria comarcal da CIG Ensino, Tona Martínez, que lle explicaron a particularidade do municipio neste eido (hai que lembrar que as catro escolas infantís públicas –A Solaina, A Gándara, Piñeiros e Xuvia- foron construídas e están xestionadas pola propia administración local).
“O que se está a pedir”, engadiu Adán, “é unha obviedade: que se cumpra a lei”. Nesa liña, subliñou que tanto na LOE como na LOMCE considérase a de 0 a 6 anos como unha mesma etapa educativa, “e, polo tanto, a súa xestión debe asumila a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Servizos Sociais”. A deputada nacionalista sinalou que este é o momento para mudar a situación, rexistrará este venres, día 27, unha proposición non de lei esixindo o traspaso dos centros co obxectivo de que se debata na vindeira Comisión de Servizos Sociais do Parlamento.
Pola súa banda, o candidato do BNG á Alcaldía de Narón, Pablo Villamar, lembrou que o Concello “fixo no seu momento un esforzo moi importante para construír e poñer en marcha as escolas infantís” e que a súa formación sempre defendeu a integración destes centros na rede autonómica. Manifestou que “logo de moito presionar na Xunta conseguimos que o ano que vén a Xunta se faga cargo da de Xuvia, a última en construirse”, unha decisión que o BNG quer que se estenda ás outras tres e que, ademais, nese proceso se subrogue a todo o persoal que, dixo, “leva de media dez anos traballando nuns centros que funcionan como poucos no país”.
Villamar laiouse de que chegado o 2015 a Xunta non tivera regularizado a situación das escolas municipais –que atenden a 400 nenos en conxunto- e criticou ao goberno galego do Partido Popular por actuar de “xeito clientelar”.
Lo que es una vergüenza es hacer instalaciones para conseguir votos, y luego pedir que te las cojan los demás cuando eres capaz de mantenerlas. Hay que tener cara para hablar de la 4ª guardería…. esa que se hizo, que estuvo casi 4 años terminada y sin uso, y que tiene que coger la Xunta de Galicia para el año que viene. ¿Si no se podía abrir para que se hizo? Esa es la capacidad de gestión de TEGA… agravada por el BNG, ejemplo de todo lo que no se debe hacer en la gestion de los recursos publicos.
PAra ejemplo de buen hacer con los recursos públicos ya está el PP, todos lo sabemos.. Sobran ejemplos…