El portavoz del Grupo Municipal de Esquerda Unida de Ferrol, Jorge Suárez, se manifestó sobre la decisión de las propiedades públicas del convenio con Defensa, considerando el mismo «unha falta de respecto ao poder de decisión e participación da veciñanza de Ferrol».
De esta forma, Jorge Suárez rechaza que se dote de más suelo industrial a una comarca que «é testemuña da desertización industrial, como se demostra na inmensa dotación baleira nos Polígonos do Río do Pozo ou do Vilar do Colo, e propón o uso agrícola Estación de radio de Mandiá, enfocado no cooperativismo e nunha saída social e diversificada á crise estrutural do sector naval público, debido a falta de investimentos públicos e dun Plan estratéxico de calado par as factorías da Ría, actuación integral que podería contribuír a crear centenares de postos de traballo e redundaría na mellora da soberanía alimentaria co impulso de produtos agrícolas autóctonos. Afirma que levarán no programa electoral esta proposta e será unha das primeiras actuacións da lexislatura».
Al respecto, el portavoz de EU manifestó «a lamentable concepción que da participación cidadá ten o goberno municipal, impide que os veciños e veciñas de Ferrol poidan ter participación no proceso de uso de solo público, para que unha decisión consensuada, aberta ao Consello da Veciñanza, sexa a que rexa o futuro uso de propiedades tan importantes como o Cuartel Sánchez Aguilera, espazo ineludible para unha actuación en dotación social que permita camiñar cara unha cidade compacta e sostible, ou a mencionada Estación de radio de Mandiá».
«Esquerda Unida –prosiguió Suárez-considera insuficiente e gravoso o Convenio e traballará para que os terreos que defensa ocupa no Arsenal sexan de uso compartido, a fin de que a concepción de Abril Ferrol ao Mar non se limite ao necesario derribo dun muro ou á construción dun ascensor panorámico. A fachada marítima dende o peirao carboeiro ata Caranza deben constituir un eixo vertebral de Ferrol, con zonas verdes, sendas peonís e carril-bici, sendo como é na actualidade o principal acceso á cidade, conceptos desbotados polo goberno municipal que segue apostando pola expansión descontrolada e un concepto anárquico do urbanismo».
Catalogando la democracia «de baixa intesidade» por parte del Partido Popular, considerando que no tiene en cuenta a la vecindad ni al órgano de decisión del Concello, Suárez anunció que «antes de pasar polo pleno municipal os usos finais dos terreos desafectados por Defensa, previo pago de máis de medio millón de euros, por unhas propiedades que orixinaria e lexitimamente correspondían á cidadanía de Ferrol».
Gestión de FIMO
En otro orden de cosas, EU denunció «as formas do Concelleiro Langtry, despedindo aos últimos catro traballadores de FIMO pola vía dos feitos consumados, sen ningún tipo de negociación e cun cambio de pechadura propio de actitudes ditatoriais, merecen sen dúbida a inmediata dimisión do concelleiro de facenda. O recente traslado de Fevino ao Auditorio de Caranza xa anunciaba malos augurios para o cadro de persoal de FIMO, quen ten que soportar que o Concello actúe como a patronal máis dura e reaccionaria e, o máis grave, ser, conxuntamente coa cidadanía, testemuña de que o millón de euros desembolsado para un rescate do recinto, froito da súa propia neglixencia, sirva de porta aberta á xestión privada e do rédito empresarial, en lugar de facer de FIMO un recinto cunha programación estable e cunha cantidade de dotacións que servirían dunha oportunidade de iniciativas laborais estimuladas dende as administracións públicas».
A lo largo de toda la legislatura, los de Esquerda Unida han estado defendiendo la gestión del Gobierno municipal sobre FIMO, considerando «pasiva» «as irregularidades da Cámara de Comercio e o tratamento explotador dado ao cadro de persoal ,que finalmente desemboca no colapso e desaparición das dúas entidades, e reitera a necesidade dunha auditoría externa e a depuración das posibles responsabilidades administrativas e penais de todos aqueles que estiveron con potestades de xestión, tanto en Fimo como na Cámara de Comercio, como así manifestou nunha moción ao pleno en xullo de 2014 e ven demandando dende 2011».
De esta forma, desde EU consideran que es «necesario que FIMO siga a ser xestionado ao 100% dende o público e así proporá a creación dunha planta manufactureira de produtos agrícolas no recinto, para o proxecto programático da organización de desenvolvemento do cooperativismo agrícola e promoción dos produtos locais, que lonxe de consentir que un traballador estea 22 meses no seu posto sen cobrar e atope sen previo aviso a pechadura do seu centro de traballo cambiada sen máis, crearía postos de traballo estables e diversificados. Esquerda Unida demanda o pago inmediato das 22 nóminas adebedadas e comprométese no goberno a manter Fimo como centro de referencia público, mantendo aos 4 traballadores e contratando aos 12 despedidos na medida en que o recinto desenvolva todo o seu potencial».