Comunicado de la AVV de Chanteiro en relación a la carretera DP-0402 Ares-Chanteiro

carretera ares chanteiro 26-11En un comunicado enviado a este medio de la Xunta Directiva de la AVV de Chanteiro, con motivo de los acontecimientos posteriores al accidente acontecido recientemente en la carretera DP-0402 Ares-Chanteiro, ha querido manifestar lo siguiente:

«– Como non pode ser doutro modo, lamentamos profundamente o accidente que ocasionou unha vítima mortal. E tamén respectamos a intimidade e a dor da familia afectada.

– A Asociación de Veciños de Chanteiro, legalmente constituída dende decembro de 2009, leva dende ese ano solicitando a todas as Administracións competentes que se tomaran medidas preventivas para garantir a seguridade viaria nesta estrada e en todas as outras vías de Chanteiro. Se fixo a raíz da construción da EDAR, polo tránsito de maquinaria e vehículos pesados; se fai cada ano (e varias veces) polo estrado dos arcéns sen desbrozar; se fai durante o inverno polas condicións meteorolóxicas e no verán pola maior afluencia de visitantes á Praia de Chanteiro. Practicamente en todos os escritos enviados oficialmente se fixo, se fai e se seguirá a facer mención á seguridade viaria. Nalgún deles mesmo nos lamentábamos de si había que agardar a un accidente (como finalmente ten acontecido) para que as Administracións competentes tomaran en serio este asunto.

– Queremos felicitar ó recentemente aparecido Colectivo ou Comisión Veciñal de Lubre, Cervás e Chanteiro pola súa eficacia e rápido éxito conseguindo que o presidente da Deputación lles chamase para reunirse con eles. Esta Asociación o leva intentando dende o ano 2012, sen sequera recibir resposta. Dado a carácter do asunto a tratar, a mínima cortesía aconsellaba ter enviada esa invitación tamén á Asociación de Veciños de Chanteiro.

– Agardamos sinceramente que o proxecto de ampliación da estrada Ares-Chanteiro se execute canto antes, e nas súas dúas fases previstas; que se cumpran os acordos da Deputación (e as promesas do seu presidente) neste asunto e nos demais que nos afectan; e que o interés dos partidos políticos e da Deputación por esta zona de Ares vaia máis alá das vindeiras eleccións municipais».

Lea también

Primeros ganadores de la campaña “En Valdoviño… adelantamos la Navidad”

La campaña de dinamización del comercio local «En Valdoviño… adelantamos la Navidad» ya tiene sus …

6 comentarios

  1. La verdad, he seguido en los últimos meses la problematica relativa a esta carretera; así como las diversas iniciativas que llevaron a cabo los del Bloque por un lado y el colectivo vecinal de los núcleos afectados por otro. Por cierto, yo tambien estampé mi firma cuando me la solicitaron en el año 2013. Es cierto que resulta verdaderamente penoso que tuviese que pasar otro accidente -con una persona fallecida- para que a los responsables de la Diputación se hiciesen cargo de que esta obra es prioritaria.
    Pero no menos penoso es que luego de la masiva concentración del pasado domingo, aparezca ahora esta «AAVV de Chanteiro» cuando yo no les he visto en ninguno de los actos para reclamar la obra que se realizaron en los últimos años.
    Llevar, llevará legalizada desde el 2009, pero en este tema, nunca les he visto una iniciativa; ni tampoco participar en las que llevaron otros. La verdad, por el contenido de este comunicado, me dá la impresión de que esta gente o no vive en la zona afectada o busca protagonismo con otros intereses. Por favor, un respeto, que todos tenemos memoria.

    • A.VV. de Chanteiro

      Se se nos permite respostar ó comentario de Carmen, a AVV. de Chanteiro leva dende a súa formación traballando, mellor ou peor, polos intereses de Chanteiro (e mesmo ós de Cervás, por exemplo, no asunto do abastecemento). E tentamos facelo con discreción. Efectivamente non saímos con pancartas, pero non estamos calados. Non sair nos medios foi unha decisión desta Xunta e cada asociación se amosa máis ou menos nos medios segundo considere oportuno. Nos preferimos dirixirnos ás administracións.
      Para a súa información gustaríanos aclarar que non aparecimos despois da «masiva concentración» (o noso presidente estivo nela, por certo, sae nas fotos publicadas nos xornais) pois este escrito foi redactado antes de dita concentración. O escrito foi motivado, en parte ainda que non so, polo éxito do Colectivo Veciñal de Cervás, Lubre e Chanteiro (que por suposto non responde a outros intereses nin está apoiado por ningún partido político) que foi recibido polo presidente da Deputación. Se cadra un pouco de envexa porque a nos non nos atendeu nunca.
      Entendemos que queira darlle todo o protagonismo a un determinado partido político, mais se de memoria se trata as hemerotecas e o rexistro oficial da Deputación, da Xunta e do Concello de Ares dan cumprida conta do que levamos feito (moito ou pouco, ben ou mal), polo asunto da estrada Ares-Chanteiro e por outros moitos asuntos máis (EDAR, alumeado, camiños, desbroces, praia, …). Tamén levamos participado en moitos actos e recollidas de sinaturas como a organizada polo BNG, perdón, polos veciños, no 2013. Ó mellor as nosas sinaturas tamén están ahí a carón da súa.
      E para que conste: si vivimos na zona afectada; nos si que non temos outros intereses (por iso ningún partido recibiu peticións nosas, sempre nos diriximos ás administracións), e nos sempre tratramos con exquisito respeto a todos.
      Mellor traballar todos xuntos para a mellora da zona e os seus habitantes que atacar ós aliados.

  2. El asunto de la carretera de Ares a Chanteiro lleva ya bastantes años, ya en la época del gobierno de Cendan quien ni siquiera movió un dedo hasta ahora y todavía seguimos en lo mismo, y si mal no recuerdo ya se había solicitado en la época que fue presidente de la diputación el tan conocido A.C. Lendoiro, que si una senda peatonal, y por aquel entonces ya sucedió lo mismo buenas palabras pero nada mas así sigue la cosa.

  3. Pois parece ser que na Asociación de Extranxeiros de Chanteiro, perdón Asociación de Veciños de Chanteiro, os erros son moi comúns e debe ser cousa do teclado, non tedes límites para o esperpento.
    Coido que na A.VV estades máis preocupados en desprestixiar ( non sei o motivo) a acción dun colectivo como a plataforma veciñal estrada ares chanteiro que está integrado por veciños de Chanteiro, que en alegrarse polo compromiso acadado por éste colectivo.
    Vos mesmos cando falades de «Mellor traballar todos xuntos para a mellora da zona e os seus habitantes que atacar ós aliados» faltades a coherencia e negades a maior, porque ninguén,salvo vós coas declaracións sibilinas, fixo ataques propios da envexa e de quen non quere que se poña luz ó motivo dos continuos incumplimentos da Deputación e a inacción do concello do que o alcalde é tamén deputado provincial, por si non o sabíades, que penso que si sodes coñecedores.
    En fin, entendo que isto pode ser debido a que as persoas do común non alcanzamos a entender as verbas docentes que nos obsequiades. Coido que unha dose de humildade non vos viría mal, e si o problema é unha reunión con o Sr Diego Calvo, douvos unha idea; invitalo a unha mexilonada, os do PP son moi asiduos de esas cuchipandas.
    Remato insistindo en que debemos de guiarnos polas necesidades comúns e non polas aspiracións individuais.