Axenda desta «finde» en Narón

Venres 9 de setembro de 2022

Actividade: “VII Torneo internacional de fútbol Cidade de Narón” Hora: 20.00 Lugar: Estadio Río Seco

O Concello organiza este evento deportivo xunto coa Sociedade Deportiva Cultural e Recreativa Narón “O Freixo” e a Real Federación Galega de Fútbol. Un total de 23 clubs e 43 equipos participarán neste torneo, no que en conxunto se disputarán 128 partidos.

Actividade: “Mostra aberta creativa” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

O Pazo acolle unha mostra aberta do proceso de creación da bailarina e creadora Elvi Balboa e do bailarín e creador Ignacio J. Cabello, titulado Knifelike.

Actividade: “VIII Trofeo Cidade de Narón de fútbol sala” Hora: 21.00 Lugar: Complexo polideportivo municipal da Gándara

O Concello colabora co Club Cidade de Narón neste evento deportivo, no que xogarán o Cidade de Narón e o Parrulo FS. A entrada é de balde.

Sábado 10 de setembro de 2022

Actividade: “VII Torneo internacional de fútbol Cidade de Narón” Hora: De 8.45 a 22.00 Lugar: Estadio Río Seco

O Concello organiza este evento deportivo xunto coa Sociedade Deportiva Cultural e Recreativa Narón “O Freixo” e a Real Federación Galega de Fútbol. Un total de 23 clubs e 43 equipos participarán neste torneo, no que en conxunto se disputarán 128 partidos.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …