Axenda en Narón do 17 ao 21 de abril

Xoves 17 de abril de 2025

Actividade: XXIII Campionato galego adaptado e II Campionato galego inclusivo de tenis de mesa. Lugar: Local social da Solaina Hora: De 9:00 a 18:00 horas.

O Concello e o Club Tenis de Mesa Narón organizan este campionato, no que participarán deportistas procedentes de diferentes clubs galegos. A proba reunirá tamén a competidores do club local.

Venres 18 de abril de 2025

Actividade: XXIII Campionato galego adaptado e II Campionato galego inclusivo de tenis de mesa Lugar: Local social da Solaina Hora: De 9:00 a 18:00 horas.

Sábado 19 de abril de 2025

Actividade: Xove-Lab: Escape Room Lugar: Casa da Mocidade (A Gándara) Hora: 17:30 a 20:30 horas.

O Concello organiza este programa, dirixido a mocidade de Narón de entre 12 e 16 anos. Trátase dunha proposta de balde con zona de videoxogos, xogos cooperativos… e obradoiros. Tan só requiren inscrición previa estes últimos.

Luns 21 de abril de 2025

Actividade: Xove-Lab: Obradoiro de selos Lugar: Casa da Mocidade (A Gándara) Hora: 17:30 a 20:30 horas.

Lea también

Aberta en Narón a inscrición nun curso de Operador/a de guindastres de taller

O Concello de Narón abre este mércores 16 ás 8.30 horas o prazo de inscrición …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *