O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres, día 9 de setembro, ás 20.00 horas, unha mostra aberta dirixida ó público xeral, do proceso de creación da bailarina e creadora Elvi Balboa e do bailarín e creador Ignacio J. Cabello, titulado «Knifelike»
A iniciativa enmárcase no programa Residencias Paraíso 2022. Knifelike é un proxecto multidisciplinar que provoca o encontro/xogo/fusión entre a instalación, o movemento e o son, onde as disciplinas se dilúen para que se reflexione sobre as relacións da corporalidade do individuo coa súa imaxe virtual.
Tanto Elvi como Ignacio investigan a obsesión por construír a identidade por medio da visualización do reflexo na propia imaxe, tal e como consta no proxecto.