Narón suspende as actividades municipais previstas ao aire libre esta tarde trala alerta laranxa

Imagen de Meteogalicia elaborada a las 19,08 de este lunes

O concelleiro de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou a suspensión das actividades municipais programadas ao aire libre para a xornada de hoxe. A medida responde ao aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, por fenómenos meteorolóxicos adversos, decretándose a alerta laranxa (risco importante) por vento, con refachos máximos de ata 100 quilómetros por hora previstos entre as 18.00 horas de hoxe e ata a mañá do mércores, día 27.

Na tarde de hoxe quedan polo tanto suspendidas as actividades enmarcadas no programa Nadal Máxico. O Nadal na rúa!, que estaban previstas entre as 16.30 e as 18.30 horas na Praza de Galicia e tamén as viaxes do Navitren, que iniciaba hoxe as súas rutas pola estrada de Castela entre as 11.00 e as 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Así mesmo, no que respecta ás instalacións temporais, os titulares das preceptivas autorizacións municipais adoitarán cantas medidas sexan necesarias para evitar accidentes, tal e como se indicou desde o Speis de Narón.

Lea también

El naronés Marcos López Balado se proclamó doble subcampeón de Europa ISKA

El deportista naronés Marcos López Balado, miembro del Club Kickboxing Chuchy del gimnasio BenyGym, acaba …