Narón acollerá esta semana un campionato adaptado e outro inclusivo de tenis de mesa

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, presentaron a vixésimo terceira edición do Campionato galego adaptado e a segunda do inclusivo de tenis de mesa que se desenvolverán esta semana, o xoves e o venres, no local social da Solaina

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero.

As probas levaranse a cabo nas dúas xornadas entre as 9:00 e as 18:00 horas, tal e como indicaron dende a organización.

O xoves terá lugar unha proba inclusiva con equipos integrados por tres xogadores/as, dos que un/ha terá algún grao de discapacidade. “O tenis de mesa é xa de por si un deporte inclusivo, no que as persoas con discapacidade xogan e adestran de xeito frecuente todo tipo de competicións, ao non xogar un papel determinante o factor físico”, apuntou Montero. Na xornada do venres a competición será exclusivamente adaptada para persoas con discapacidade.

O presidente do Club de Tenis de Mesa Narón avanzou que este ano acudirán á proba destacados xogadores, como o paraolímpico coruñés Alberto Seoane, ou unha das futuras promesas da disciplina, a xogadora do CTM Mos, Martina Sande. A nivel local participarán o varias veces campión galego Juan Monzón e na proba inclusiva un dos equipos estará formado polo actual campión galego absoluto, Santiago Otero, e unha das vixentes campionas da Copa da Raíña e das mellores absolutas do momento, a naronesa Sofía Couce.

O concelleiro de Deportes incidiu na importancia “de continuar traballando pola plena inclusión social, neste caso a través da área de deportes” e destacou o labor que nesta liña se leva a cabo tanto dende o Concello como desde os clubs deportivos da localidade.

Lea también

Narón Kids, entre los mejores grupos de Danza Coreográfica del mundo en categoría absoluta

De nuevo la ciudad de Cambrils ha acogido una de las pruebas más importantes del …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *