‘A Pequena e Grande Orquestra’, a verbena da xente miúda, chega ao Teatro Jofre

A Pequena e Grande Orquestra – Urdime

‘A PEQUENA E GRANDE ORQUESTRA’ é a nova produción musical de URDIME. Un proxecto único dirixido ao público familiar que chega a Ferrol. Será o vindeiro sábado 30 de decembro, no Teatro Jofre, a partir das 19h00.

Un espectáculo áxil e divertido que mestura teatro e boa música cos obxectivos primordiais de facer rir, bailar e cantar a grandes e pequenas grazas a un escollido repertorio pero tamén a unha banda de luxo composta por: Carliños Freire á batería, Pablo Vidal no contrabaixo, Javier Costenla no piano e Benxamín Vázquez á guitarra, coas voces ao fronte de: Sabela King, Javi Gradín e Nerea Bello.

Na parte teatral atopamos a Pepablo Patinho e a Montse Piñón, compoñentes de Teatro Ghazafelhos, unha consolidada compañía que se encarga da teatralización e a dirección teatral ao longo do espectáculo.

Na selección de pezas que esta grande orquestra interpretará estarán as referencias da música infantil mundial de todos os tempos, mais será a música infantil galega o eixo sobre o que xirará a escolla, e neste eixo partiremos do repertorio de música infantil máis tradicional, pasando polos grandes éxitos que acompañaron nos 90 a toda a xeración Xabarín, e continuando o percorrido polos grupos musicais que nos últimos 15 anos teñen agromado no País e que xa neste momento son seguidas por fans miúdos alí por onde pasan.

Reparto de entradas ata completar cabida, na billeteira do Teatro Jofre, a partir do martes 26 de decembro.

Lea también

Fangoria, Bombai y Yoly Saa abrirán las fiestas de verano de Ferrol con un gran concierto en la Praza de Armas

Las fiestas de verano de Ferrol 2026 arrancarán el próximo 21 de agosto con un …