O BNG acusa ao goberno local de non atender as demandas en Santa Mariña

puente peatonal santa marinaO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusou na mañá deste martes, día 30, ao Goberno Local de Rey Varela de «permanecer pasivo e non aportar ningunha solución as demandas dos veciños e veciñas de Santa Mariña fronte as múltiples deficiencias do barrio que van desde a seguridade vial, a falla de mantemento de vías públicas, os problemas coa vía do ferrocarril ou a falla de mantemento das marxes da autoestrada que provocan importantes molestias na zona.

Como se lembrará o BNG ven reclamando solucións a todas estas problemáticas concretas do barrio, ven apoiando as mobilizacións veciñais e mesmo o pasado mes de xuño defendeu no pleno da corporación unha moción que recollía as demandas dos veciños e veciñas de Santa Mariña instando ao goberno local a arranxar e mellorar, de modo urxente, a seguridade na pasarela peonil sobre as vías de ferrocarril que une o barrio de Santa Mariña e o Ensanche A, previo a acometer unha reforma integral da mesma. Proposta que foi desestimada polo goberno municipal do Partido Popular.»

O BNG volve a insistir na súa proposta, debatida no pleno, que incorporaba e demandaba que o Goberno Local, en colaboración co ADIF, arranxe a zona do Loureiro e o Casquido solucionado os problemas provocados polos escorrementos de terra para a vía de Feve.

O BNG tamén reclama que se limpen de maleza e silvas os taludes do acceso norte en Santa Mariña que están a cubrir as vivendas colindantes aos mesmos e a limpeza do conxunto da zona de Santa Mariña.

O BNG lembra que no lugar dos loureiros, xa que en moitos tramos o firme comezou a ceder e mesmo existen riscos de desprendementos de terra no talude paralelo á vía do ferrocarril. O BNG quere que se proceda a consolidar esta vía mediante a prolongación do muro de contención existente e que remata, a día de hoxe, na rúa loureiro e que chegue até a conclusión da rúa Cardosas e que estas obras se acometan de modo inmediato polo que deben concretarse as xestións e actuacións a desenvolver coordenadamente entre o Concello e ADIF.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …

Un comentario

  1. Mar Del Río Castro

    Me alegro mucho de haber encontrado vuestra página. .soy de ferrol vivo en Madrid. .y me ha osorprendido gratamente llos s artículos. …gracias