Homenaje del BNG de Fene en recuerdo de Pancho Allegue

pancho allegue-7-9El BNG de Fene convocó a sus afiliados y vecinos para que acudiesen al acto en recuerdo de Pancho Allegue, fallecido hace ya nueve años, y al que no se le olvida por  su bonhomía, su labor como concejal  y defensa del sindicalismo nacionalista y su amor hacia Fene.

El acto se celebró ante monumento que se levanta en su memoria en el Parque Castelao y al mismo asistieron más del medio centenar de personas.

Tomaron la palabra Rita Couto y Alicia Martínez a las que siguió el portavoz municipal del BNG Juventino Trigo quien se refirió a Pancho Allegue como un luchador defensor del sindicalismo y aludió a uno de los temas que preocupan hoy a los trabajadores de la antigua Astano, como es el del dique flotante.

En moitas ocasións teño pensado qué diría Pancho, ou qué faría Pancho se estivese aquí vendo como, cando estamos chegando ao final do veto de ASTANO, que non se levantou antes dos 10 anos por moito que insistimos os do Bloque, non hai ningún proxecto de barco para construír, non hai ninguén traballando para que vexamos unha quilla no dique, nin hai ganas de facer nada por remediar esta situación.”

Continuó señalando que “ En fin, eu penso que Pancho estaría tan indignado como calquera de nós, e que sacaría as pancartas de levantamento do veto e carga de traballo sempre que tivera ocasión, como facemos nós, e que faría todo o que estivese na súa man para instar aos poderes a que reaccionaran, e tamén aos traballadores e traballadoras, e á sociedade en xeral de toda Galiza, como facemos desde todos os lugares nos que o BNG ten representación. Porque Pancho, ante todo, pensaba sempre en clave de país, en clave galega, en clave nacionalista. Pancho sabía, como sabemos nós, que os problemas de Galiza só podemos resolvelos dende Galiza, que ninguén vai vir de fóra a mellorar as nosas vidas, e que a mellor arma contra as crises, contra os recortes, contra as inxustizas sociais, é o nacionalismo. E ese nacionalismo, entendido como a facultade de crer en nós mesmos, nas nosas potencialidades, é o que nos vai permitir seguir existindo como pobo. O único que loita, loitou sempre e loitará pola posta en valor da nosa lingua, da nosa cultura; pero tamén dos nosos recursos produtivos, da nosa economía, das nosas materias primas. E figuras como a de Pancho Allegue se suman á lista de referentes históricos cos que contamos os que traballamos hoxe baixo o paraugas do nacionalismo galego, e para nós, para o BNG, e para min mesmo, é unha honra poder dicir que temos como exemplo a Pancho á hora de tomar as nosas decisións máis importantes.”

Só agardo que o que nos queda por facer, tanto en Fene coma en todo o país, siga tomando exemplo de referentes coma Pancho, que soubo trasladar as súas conviccións cun amplo consenso de toda a sociedade, cando menos aquí en Fene, onde unha inmensa maioría, aínda que non o coñecera persoalmente, o recorda con agarimo.

Por todo isto, aínda que a día de hoxe non están logrados os obxectivos de Pancho nin os do nacionalismo en xeral, teño que reiterar que o seu traballo, coma o de todos os nacionalistas, máis que nunca, paga a pena.

 
Finalizadas estas palabras los asistentes cantaron el Himno Gallego y se realizó una ofrenda floral ante el monumento.

Lea también

Cerdido comenza o seu programa de compostaxe caseira

A casa da cultura de Cerdido acollerá ás 19:30 horas deste venres 8 de novembro, …