Ferrol, a cidade nin… nin… nin, (unha revista de estudos locais?)

burgoajjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR

Na nosa sociedade cada vez é maior o interese no estudo e coñecemento da historia local, recuperando a memoria histórica, pescudando no pasado as sinais de identidade e afondando no estudo da súa arte, historia e tradicións. Este coñecemento é o mellor indicador da evolución cultural dun pobo e constitúe unha sabia lección cara o futuro.

Este interese vense a plasmar en diversas publicacións, anuarios e revistas de estudos locais ao longo de toda Galicia.

Nas localidades próximas a Ferrol pódese ver como Betanzos co Anuario Brigantino, Pontedeume con Cátedra, a vila nedense coa súa Revista de Neda, Mondoñedo con Estudios Mindonienses e, desde logo, A Coruña con Abrente, Brigantium e Nalgures, dedican as súas páxinas a variados temas da cultura e a historia, tanto local como comarcal.

Ata de agora Ferrol segue a ser a excepción nesta corrente xeneralizada. Aínda que se trata dunha cidade de certas inquietudes culturais, dentro da súa acusada estratificación estamental, dispón dun amplo patrimonio cultural, de coñecidos estudosos de diferentes ramas do saber e dunha interesante historia, mesmo anterior a ese fulgor neoclásico que etiqueta á urbe, é totalmente incapaz de crear unha revista deste tenor.

A pesares da súa tradición ilustrada, da existencia de numerosas asociacións culturas de diverso carácter, hoxe esmorecendo a maioría delas, da secular presenza da Armada e dos case vintecinco anos da Universidade, dúas institucións que non se imbrican plenamente no tecido social e cultural da urbe, e mesmo da existencia de varias publicacións periódicas editadas por diferentes entidades, aínda non se conseguiu sacar á luz en Ferrol unha revista de estudos históricos locais e comarcais.

Resumindo. Hoxe Ferrol é algo máis que a Cidade Ensimesmada; é a Cidade Nin …. Nin …. Nin ….

Ou sexa: nin Museo da Cidade, nin Centro de Estudos Locais, nin Revista de Estudos Históricos.

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …

Un comentario

  1. jose ignacio dapena fernandez

    Bueno como siempre JJ.Burgoa tira a dar pero siempre acierta, para eso es investigador y marino ilustre, buen articulo.Quiero invitarlo a una gala benéfica del prósimo 5 de septiembre en el Torrente Balllester a favor de una Asociación que se llama ALMAT, Asociación de mujeres mal tratadas por la violencia de génereo a partir de las 1900 h. Un abrazo. Jose Ignacio Dapena Fernandez Presidente de Narón Amigos del Arte.