San Sadurniño prepara un novo programa de conciliación

(Foto: Concello de San Sadurniño).
(Foto: Concello de San Sadurniño).

O éxito da Aldea de verán levou ao Concello a organizar unha nova proposta lúdica e educativa para os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que se desenvolverá a primeira semana de setembro. «Setembro Concilia» abrirá o prazo de inscrición do 4 ao 22 de agosto e as prazas concederanse por orde de solicitude.

A actividade comezará o luns 1 de setembro e prolongarase até o venres 5, xa que a mediados da semana seguinte xa comezará a escola. Terán preferencia as familias empadroadas no Concello de San Sadurniño ou aquelas que, aínda estando empadroadas noutro concello, poidan acreditar mediante certificado de empresa unha vinculación laboral co municipio de San Sadurniño. Os prezos son de 20 euros polo primeiro membro da unidade familiar, 13 polo segundo e 6 euros polo terceiro e sucesivos.

Para «Setembro Concilia» ofrécense entre 10 e 12 prazas. O horario vai das 9.30 ás 14.00 horas. Tempo no que os cativos e cativas xogarán e aprenderán en diferentes obradoiros.

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …