O grupo municipal do PSOE pide ao PP que garanta os comedores escolares no verán

comedores escolares-1O Grupo Municipal Socialista fai un chamamento ao goberno para que garanta a alimentación dos nenos e nenas na cidade, afrontando o problema e instándoo a que deixe de mirar cara outro lado.

Na comisión de benestar celebrada este xoves, día 12, a concelleira María López insistiu na necesidade de dispor de manera urxente dos mecanismos que aseguren a alimentación axeitada dos menores na cidade en época estival. Lembrou tamén que a proposta socialista contempla a atención complementaria de campamentos, de xeito que os nenos e nenas que acudan aos devanditos comedores reciban tamén que contribúa ao desenvolvemento persoal e ao proceso de socialización, evitando a súa estigmatización dos menores que teñan necesidade de acudir a este servizo. Deste xeito pediron a ampliación do número de prazas dos tradicionais campamentos urbanos.

Así mesmo, fixo referencia ao acordo acadado por unanimidade no Parlamento de Galicia no día de onte, que recolle unha parte substancial da emenda socialista sobre o tema, e no que se “insta á Xunta de Galicia a levar a cabo as medidas necesarias para evitar que ningún neno ou nena careza de alimentación ou sustento necesario por estaren as súas familias en situación de vulnerabilidade, poñéndose en marcha convenios cos concellos interesados, podéndose usar as instalacións dos centros educativos, en colaboración cos servizos públicos de benestar”.

Ao fío de isto, o Grupo Municipal Socialista urxiu, unha vez máis, ao alcalde a abrir os comedores escolares no verán, tendo en conta ademais o acordo adoptado polo Parlamento de Galicia no día de onte, acolléndose ao convenio aludido no devandito acordo.

Así, entenden que debe ser prioritario para o Concello de Ferrol que todos os nenos e nenas teñan garantida unha alimentación axeitada, procedendo a apertura durante os períodos vacacionais dos comedores escolares necesarios nos centros de ensino da cidade, de xeito que se eviten os problemas de carencias alimentarias.”

Becas de comedores escolares

Así mesmo, o Grupo Socialista alertou do insuficiente da partida económica adicada ás becas de comedores escolares para o período 2014-2015, lembrando que isto tamén aconteceu no curso 2011-2012, no que quedaron sen beca e por tanto, sen comedor escolar, 27 menores, con dereito por falta de fondos. O que motivou que o Grupo Socialista, EU e BNG presentaran unha moción conxunta ao respecto, coa conseguinte habilitación de fondos no orzamento de 2012 para non deixar a ningún neno sen beca de comedor.

Gracias a que o Grupo Socialista alertou hoxe de que a consignación presupuestaria era insuficiente e non chegaría para atender as previsións das nenas e nenas becadas no vindeiro curso, o goberno local rectificará as bases das devanditas axudas antes da súa publicación.

Entidades de benestar social e igualdade

Transcorridos 6 meses a concelleira de igualdade segue sen dar conta das subvencións ás entidades de muller, a pesares das reiteradas solicitudes do Grupo Municipal Socialista, que na comisión de hoxe volveu a insistir na urxencia de axilizar o pago das axudas ás entidades de igualdade e de benestar, que teñen pendente de cobro as subvencións do ano 2013

Lea también

Se repitió juicio contra el acusado de abusar sexualmente de un menor, en Ferrolterra, de absuelto a pedir 10 años de prisión

Un hombre acusado de abusar sexualmente de un menor, en agosto de 2020 en el …