Celebrada a X xornada de emprego organizada pola Mancomunidade

mancomunidad-6-5O presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu na mañá deste martes, día 6, a inauguración da terceira edición da Xornada de Emprego que o ente supramunicipal desenvolve durante todo o día no Centro Cultural Carvalho Calero e que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Técnicos de emprego e emprendedores participan neste encontro, que baixo o título “Ferrolterra non pode emprender sen ti”, reúne no centro do Ensanche A a emprendedores e organizacións punteiras no apoio á creación de empresas como Cersia Empresa, Ávila Activa ou Barcelona Activa.

Acompañaron a José Manuel Rey o deputado provincial, Miguel de Santiago; os alcaldes de Neda e Ares y outras representacións dos concellos da Mancomunidade

Na súa intervención, Rey Varela, referiuse aos momentos actuais de dificultade económica e ás aínda elevadas cifras de desemprego, unha situación ante a que “os Concellos non podemos quedar de brazos cruzados, senón que temos que reforzar o noso compromiso coas políticas activas de intermediación laboral, formación e fomento do emprendemento”. Neste contexto o presidente da Mancomunidade enmarcou esta Xornada de Emprego, sobre a que dixo que “se presenta como un exemplo de cooperación entre administracións” e que fai do Centro Carvalho Calero “unha plataforma para o intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo de entidades e institucións sobre a súa oferta de servizos de apoio ao emprendemento”.

COMPARTIR RECURSOS

Os Concellos non podemos pensar de maneira individual, temos que compartir recursos porque para os cidadáns, que son os destinatarios dos nosos servizos, non hai fronteiras nin físicas nin administrativas”, manifestou o responsable da Mancomunidade. E ao fío disto engadiu que “os datos de paro son preocupantes en toda España e en Ferrolterra como consecuencia de políticas que durante moitos anos se fixeron de costas aos concellos. Os diferentes plans que dende hai 30 anos se proxectan sobre esta comarca non mudaron a situación da mesma, por iso os Concellos temos que poñer o mellor de nós mesmos e implicar as administracións”.

Por último, Rey Varela aproveitou o acto para reclamar de novo carga suficiente de traballo para o naval e así frear a destrución de emprego na comarca; ao tempo que defendeu actuacións que se están a realizar noutros ámbitos para a recuperación económica como o saneamento da ría, a potenciación das instalacións portuarias interiores e exteriores, o turismo e o sector de servizos.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …