Apertura en Ferrol da presentación de ofertas para o aglomerado de varios camiños de San Xurxo

As empresas interesadas teñen ata o día 5 de novembro para poder rexistrar a súa proposta.

A Plataforma de Contratación do Sector Público recolle a publicación da licitación do Aglomerado de varios camiños en Trasouteiro (POS+ Adicional 2/2025 – 2ª Fase) por un importe de 165.265,72 euros. As empresas interesadas teñen ata o día 5 de novembro para poder presentar a súa proposta.

A actuación abrangue tres viais: o camiño das Bicudas-Castrillón, que presenta numerosas fochancas, fisuras e perda da capa de rodadura; o ramal de Aguiriz, actualmente en terra e con problemas de accesibilidade, especialmente en épocas de choiva; e o camiño Aguiriz-Fontás, tamén sen pavimentar e con deficiencias de regularidade e drenaxe.

Os traballos permitirán rehabilitar estes accesos, mellorar as condicións de circulación e facilitar os desprazamentos diarios das persoas residentes e usuarias destas vías.

Lea también

Ferrol e a UDC renovan a súa aposta pola orientacion da mocidade coa ‘II Feira de Formación e Educación’

A cita celebrarase o próximo 18 de novembro no Auditorio de Ferrol Álvaro Lamas e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *