Desde el Bloque Nacionalista Gallego de Ferrol, se ha hecho llegar un nuevo comunicado referente al nuevo convenio de aguas de Galicia, que implicará un incidir negativamente en la economía de los vecinos y vecinas de Ferrol:
“O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o Convenio de colaboración entre Augas de Galiza e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do noso concello que ten previsto aprobar o goberno local vai a incidir de xeito negativo na economía dos veciños e veciñas de Ferrol ao ter que asumir directamente os custos de conservación, mantemento da infraestrutura, así como os derivados da súa posta a punto e arranque do sistema de sanemento e todos os gastos que deriven da súa explotación.
O BNG resalta que os custos derivados deste novo convenio, que terán que asumir directamente os veciños e veciñas de Ferrol, súmanse aos derivados do convenio asinado co Ministerio de Fomento a través da empresa ACUAES para o financiamento das obras do saneamento do marxe dereito da ría de Ferrol e que nos vai hipotecar aos veciños e veciñas de Ferrol durante máis de 45 anos, mediante tarifas fixas para a execución da obra e tarifas variables para o seu mantemento que van chegar a triplicar o custe das tarifas actuais.
Neste contexto chama a atención a presenza do Goberno Local de Ferrol prestando apoio e dando cobertura a exposición inaugurada esta semana sobre o saneamento, onde a empresa ACUAES figura como a garante destes traballos e onde se afirma que é a propia ACUAES quen asume o 90% do financiamento destes traballos cando a realidade é que non pon nin un só euro. Lembramos que os traballos da rede de saneamento financianse nun 80% con fondos da Unión Europea, un 10% da Xunta de Galiza e o 10% restante con fondos dos Concellos de Ferrol e Narón.
É curioso que unha obra declarada de interese Xeral do Estado pois resulta que o propio Estado, a través da empresa pública ACUAES, non fai ningún tipo de aportación para a execución desta infraestrutura. E teñamos que ser os veciños e veciñas de Ferrol quen carguemos co peso económico desta infraestrutura.
Para o BNG é preciso e esixe do alcalde da cidade, Jose Manuel Rey Varela, que aclare como, estes investimentos para a execución dos traballos así como os derivados deste convenio, van repercutir nos cidadáns, se vai ser vía incremento nos recibos, ou se será financiado vía orzamentos municipais.”