EU esixe un cambio de modelo cultural na cidade.

auditorio caranzaEU de Ferrol facilita un comunicado referente  a o novo Auditorio a inugurar o día 15 deste mes .

Nela se sinala que «Os tremendos atrasos sufridos polo auditorio en todas as fases do proceso que agora parece culminar certifican o alumeamento dun cadáver. Un proxecto xurdido nunhas condicións determinadas e xa que logo debedor de todas as formulacións erróneos que nos trouxeron a esta crise, tamén cultural, na que nos atopamos. Un sistema baseado no “evento” como expresión máxima da cultura. Conceptos que limitan o papel dos cidadáns ao de meros consumidores en procesos que deberían axudar ao desenvolvemento persoal e xa que logo social dentro da nosa contorna.

Un modelo finiquitado

Esquerda Unida denuncia que todas as sociedades avanzadas dan por finiquitado este modelo, cuxa expresión máxima ben pode ser a denominada Cidade da Cultura de Santiago . Todo tivo o seu momento, a cultura reflexiona sobre os seus erros e busca novos modelos de desenvolvemento. O fracaso ao que nos levou unha visión case exclusivamente mercantil da creación é evidente, e é necesario xestionar novos modelos de actuación que posibiliten a creación de redes máis sólidas e implicadas na nosa realidade. Todo iso resulta máis evidente no caso que nos ocupa tendo en conta a existencia en Ferrol dun espazo escénico tan destacado como o Teatro Jofre e doutro auditorio igual en capacidade dentro da comarca.

Movimentos no tecido cultural da cidade

O Consello Local de Esquerda Unida valora como moi positivos os movementos que se están producindo no tecido cultural da cidade. Asociacións que pretenden volver ás súas orixes negándose a desaparecer ou vexetar acomodados en formas rutineiras, creación de cooperativas como fórmula de colaboración e potenciación do traballo individual dos nosos artistas e artesáns, proxectos de auto edición, eventos artísticos destinados a poñer en valor contornas depreciados, etc. Imaxinación en definitiva que serve ademais para a recuperación moral dunha cidade en situación límite e que merecen un apoio decidido desde o goberno local. A nosa organización tamén entende como imprescindible contar coa xa escasa e fráxil industria ferrolá que traballa neste ámbito e que se ve sistematicamente apartada dos distintos contratos que xestiona a área de cultura do Concello.

O Consello Local de Esquerda Unida aposta firmemente pola realización de cursos formativos, pola concesión de becas á creación, polo apoio a proxectos audiovisuais autóctonos, por facilitar e potenciar a interrelación entre os nosos artistas e espectadores así con aqueles outros foráneos que entran das programacións dos nosos espazos. Esquerda Unida sitúase en definitiva polo aproveitamento máximo dos nosos recursos para xerar un clima cultural que poida contribuír á recuperación da comarca.

«Cadáver exquisito»

Por todo iso Esquerda Unida permanecerá atenta á xestión que se manteña no novo auditorio. Estamos seguros de que asistiremos a momentos destacados ou brillantes pero non estamos dispostos a que os recursos destinados a ese “cadáver exquisito” se leven por diante un posible proxecto cultural coherente para o conxunto da cidade. O noso Consello Local como primeira medida pide que se potencie ao máximo a relación entre esta nova infraestrutura e o Conservatorio aproveitando a localización lindeira de ambos edificios.

Finalmente o noso Consello Local mostra a súa preocupación pola deriva que parece tomar o aspecto máis positivo deste espazo cultural. O Auditorio non parece nestes momentos en disposición de potenciar esta zona da cidade si non que máis ben parece xerar novos problemas pola improvisación en aparcadoiros ou transportes públicos, cuestión na que teñen cabida ata actuacións tan enigmáticas como o reencho da parte posterior do Mercado de Caranza.

 

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …