Espectáculo musical en homenaxe a Rosalía de Castro no CL aniversario de «Cantares gallegos»

O ano 2013 é o ano do 150 aniversario de Cantares Gallegos da escritora Rosalía de Castro. A publicación de Cantares Gallegos supuxo un remuíño decisivo na súa obra, mais tamén un paso estratéxico de enorme transcendencia para o futuro da nosa literatura.

(Rosalía-Máximo Ramos)
(Rosalía-Máximo Ramos)

Co fin de conmemorar e honrar a obra de Rosalía de Castro, o Concello de Ferrol organiza un conxunto de actividades para a cidadanía en xeral e para os centros de ensino en particular .

 Concerto no Jofre

Entre estas actividades programadas figura «A miña primeira Rosalía en concerto», espectáculo musical en que se interpretarán varios poemas da obra Cantares Gallegos a cargo dun elenco de recoñecidos músicos e músicas como María Manuela, Mini, Mero e Xiana Lastra.

O concerto terá lugar o vindeiro 11 de outubro, venres, no Teatro Jofre, ás 21. 00 horas e a entrada será gratuíta. As entradas están a disposición do público ata que se esgoten. Recolleranse no despacho do Teatro Jofre (tfn. 981 944 245) en horario de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas, de martes a sábado.

 

 

 

 

Lea también

El alcalde de Ferrol recibe al comité organizador de la II Xornada de Enfermaría del área sanitaria

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, mantuvo este martes un encuentro con representantes …