Na tarde deste venres, día 27, veciños e veciñas do Bertón e o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol concentraronse na rúa Bertón para analizar o estado do barrio e esixir que esta zona teña un adecuado mantemento de conservación e se proceda á limpeza e desbroce da mesma.
«Cómpre lembrar que-según sinala o BNG nun comunicado- a falla de mantemento das zonas verdes e dos viais deste polígono é unha das principais queixas veciñais. Así mesmo practicamente todo o mobiliario urbano e demais elementos que se colocaron no seu día (papeleiras, semaforos, sinais…) están inutilizados ademais de que algunhas das parcelas se estan a converter en vertedoiros incontrolados de lixo e a maleza medra sen control causando serios problemas de salubridade aos veciños da zona que teñen que actuar contra pragas de insectos e roedores.
Así mesmo hai que ter en conta as continuas modificacións no convenio para acometer as obras de acceso a este polígono, pactadas entre o Goberno Local e a Xunta, que aínda non comezaron, e que demorarán a finalización dos traballos até o ano 2015, como mínimo, e que é a principal causa do retraso na recepción municipal dos traballos. Causa esta que non debería impedir que existira unha limpeza e mantemento adecuado desta zona que nestes momentos depende da Xunta de Galiza e do Concello de Ferrol.»