Con bo criterio, fai poucas datas procedeuse ao pintado dun dos edificios máis emblemáticos de estilo Modernista de Ferrol. O actual edificio da Cruz Vermella naceu na rúa do Sol como Dispensario Antituberculoso, sendo obra da autoría do arquitecto coruñés Julio Galán Carbajal.
A súa construción no año 1911 veu a significar unha certa aparición do modernismo xustamente nun edificio de uso público, sendo considerada un precedente nas novas formas de entendela arquitectura no medio urbano. O repertorio decorativo de elementos vexetais xeométricos inscríbese nunha fachada almofadillada de bandas de cemento e tixolo.
Non obstante, cumpre dicir que nesta ocasión non foi nada afortunado o tratamento feito en branco monocromo do deteriorado escudo da cidade de Ferrol que aparece no frontis da fachada. Colocado sobre una metopa poligonal foi elaborado de material de obra e de orixe estaba pintado de forma máis axeitada, co emprego de tons en gris, azur, ocre e negro. Son as cousas que pasan cando a xente segue a rutina e non se documenta como é debido.
No polo oposto atópase outro edificio practicamente contemporáneo do anterior, o teatro Rena, neste intre nun estado de total abandono. Obra doutro arquitecto coruñés, Eduardo Rodríguez-Losada, construiuse o ano 1919 dentro do estilo Ecléctico, mostrando diversos motivos e inspiracións modernistas en su fachada de la calle del So, que ademais amosa remate cupulado e una serie de fermosos alicatados neorenacentistas.
Cando xa estaba fora de servizo e abandonado, o ano 1991 o teatro Rena sufriu un incendio que afectou gravemente a súa estrutura. Desde entón o Concello coa teima da súa presunta falla de recursos, as asociacións culturais (especialmente as teatrais e musicais, desde Amigos del Jofre ata a Filarmónica Ferrolana) co seu desinterese, a Asociación de Veciños do Centro, sempre na inopia, coa súa nula implicación, e unha nefasta propiedade máis atenta á rentabilización inmobiliaria do seu solar, están a levar ao Rena a unha situación de cada vez maior desleixo.