O grupo municipal socialista critica a parálise administrativa do goberno local «por vacacións dos populares»

concello de ferrol-1O Grupo Municipal Socialista, a través do seu concelleiro Ramón Veloso, denuncia a parálise administrativa do goberno local, considerando que ao igual da política cultural do concello, “a casa do concello está pechada, por vacacións dos populares”.

Para o concelleiro socialista “se xa é preocupante no resto de ano a inactividade política e administrativa deste goberno, é alarmante nos meses de verán, de xuño a setembro.”

Os e as socialistas manifestan que os problemas da cidade, lamentablemente, cada vez son maiores, “e non vemos respostas e solucións aos problemas”. “Non están, nin se lles espera, comenta Ramón Veloso.

A isto hai que engadirlle, din os socialistas, que as comisións de facenda e urbanismo levan semanas sen convocarse, “como se non houbese asuntos a tratar en materia de emprego, facenda, participación cidadá, patrimonio, recursos humanos, medio ambiente, urbanismo, medio rural, e seguridade, que son todas as áreas que se tratan nestas reunións semanais.”

 «A guinda do pastel-segundo os socialistas- foi a suspensión in extremis da comisión de cultura programada para este venres, día 9, debido á desorganización do goberno local. Outro exemplo claro da falta de previsión e da nula xestión organizativa dos populares, xa que sentados tódolos representantes dos grupos políticos, houbo que suspendela comisión, porque o goberno non cumprimentou os requisitos para formalizala.»

 Para o Grupo Municipal Socialista isto é un fiel reflexo da falta de actividade do goberno local, mostrado tamén nas ordes do día dos últimos plenos, baleiros de contido, exceptuando as mocións que presentan os grupos políticos da oposición.

Lembran que varias das emendas socialistas aos orzamentos deste ano, tales coma a rehabilitación das vivendas de Recimil, ou a posta en marcha dun banco de alimentos municipal, exemplos máis demandados e urxentes, atópanse aínda sen iniciarse.

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista conclúe que a cantidade de asuntos pendentes que demandan solucións urxentes na cidade, requiren que se traballe arreo, tales coma o naval, as conexións ferroviarias e a zona de almacenamento loxístico de Mandiá, ou o solo industrial de Leixa, entre outros.

 

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …