O grupo Popular pide avanzar no plan de conservación do humidal protexido, lago e areal de Valdoviño que garanta a súa protección

lagoa valdoviñoO Grupo Popular presentou este xoves, día 23, unha emenda a unha iniciativa de AGE no Parlamento na que solicitaba avanzar no Plan de Conservación do humidal protexido Lago e Areal de Valdoviño, Lagoa da Frouxeira, de xeito que se garanta a protección no ámbito do humedal e se favorezan os procesos de restauración ambiental. A emenda non foi aceptada polo  grupo autor da iniciativa polo que non puido ser sometida a votación.

O deputado popular Santiago Freire indicou na súa intervención que este espazo LIC e ZEPA está incluído no Plan Director da Rede Natura 2000, que se atopa nas fases finais de tramitación. Este Plan recolle os obxectivos de conservación e medidas de xestión para todos estes espazos da rede galega “e posteriormente a aprobación en primeiro lugar destas normas comúns a toda a rede sería preciso o desenvolvemento dos plans específicos para aqueles espazos que o requiran”.

No caso da Lagoa da Frouxeira indicou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten previsto executar acturacións de restauración ambiental propostas no documento técnico Plan de Conservación do humidal protexido Lago e Areal de Valdoviño. Este Plan establece unhas directrices das actuacións de xestión centradas no funcionamento hidro-ecolóxico, adecuación do paseo marítimo, restauración da coiraza interna, do canle de comunicación cubeta lagunar e a praia, regulación do uso público, restauración das áreas degradadas, medidas de conservación da avifauna, información ambiental, control de especies exóticas ou conservación de hábitats naturais, entre outros.

O deputado popular xustificou o rexeitamento a iniciativa de AGE indicando que “as accións que propoñen, sobre todo no relativo ao reordenamento de usos e eliminación infraestruturas, corresponden en gran medida a competencias municipais ou da administración de Costas e polo tanto serían a eses organismos aos que se debería dirixir a petición”.

Non se pode pechar o lago

En canto ao cese definitivo da apertura e regulación artificial da lagoa Santiago Freire indicou que “entendemos que isto conduciría ao progresivo aumento da cota da lagoa que, ademais de xerar unha gran alarma social, ten como resultado a apertura natural da lagoa mediante un réxime que xera a ruptura total da barreira litoral e o baleirado completo da lagoa, e como consecuencias provoca a aceleración do proceso de progresiva colmatación da cuberta lagunar por area e a redución significativa da vexetación eulitorial-sublitoral”.

Santiago Freire indicou que a ampliación que propoñía a iniciativa de AGE, a costa de derrubar edificacións “non a consideramos factible, non creemos que sexa indispensable para manter o valor natural deste enclave e non se pode esquecer que os propietarios das edificacións existentes teñen dereitos adquiridos que é preciso respectar a non ser que se inicie un expediente de expropiación que implicaría unha xusta indemnización con cargo ao erario público”.

 

 

 

 

 

 

 

 

Lea también

Pilar Lozano Yáñez foi elixida responsábel comarcal do BNG

O BNG continúa o proceso de renovación dos seus organismos de dirección despois da celebración …