O grupo «Os Cempés» presentan o seu último traballo discográfico

os cempesO grupo Os Cempés presenta este xoves, día 16, o seu último traballo discográfico “Tentemozo” na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester. O concerto dará comezo ás 21:00 horas e enmarcase dentro do ciclo “As Noites en Capela”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.

A mítica agrupación ferrolá conta cunha nova formación, na que continúan Serxio Ces, Óscar Fernández e Antón Varela; e aos que se lles unen Pablo da Lama, Fernando Barroso e Ramón Dopico. Este sexteto de música tradicional volta ás súas raíces populares con pasodobres e instrumentos tradicionais, destacando o son de metais e orquestrais. O seu novo disco “Tentemozo” é música da terra para comezar unha revolución, para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensación de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes, que volverán ser no futuro, lembranzas.

 

 

 

Lea también

A programación cultural de outono en Ferrol se inicia coa proxección de «Ratiña» que aborda o acoso escolar

A cinta, protagonizada por Luis Zahera no papel de pai, se proxectará este mércores no …