Nova portavoz municipal do BNG en A Capela

Delia  ardao-bng a capelaDelia Paz Ardao – que figurara no número 2 na candidatura do BNG en A Capela nas municipais do 2011 – será a nova portavoz municipal nacionalista neste concello; logo de que Xoán Puentes teña presentado a súa renuncia por motivos de carácter persoal.

Puentes, que viña desempeñando este cargo desde hai case dez anos, xa tiña avanzado a súa vontade de abandonar o cargo no ecuador desta legislatura; dando paso a unha nova etapa do BNG na localidade, con novos azos e tamén novas persoas.

Delia Paz Ardao ten 31 anos e xa estivo a colaborar nos últimos anos como integrante da candidatura do BNG; polo que coñece tanto o ámbito social no que se vai a desenvolver, como tamén o día a día da política municipal.

Precisamente e, aproveitando esta nova etapa que o BNG de A Capela vai comezar, os nacionalistas celebrarán – cando se produza o relevo oficial – unha reunión de traballo entre militantes e simpatizantes para fixar a folla de ruta que a organización nacionalista levará a cabo nos dous anos que restan de mandato da actual corporación.

 

 

 

 

Lea también

Un hombre apuñala en un brazo al dueño de la vivienda que ocupa ilegalmente en As Pontes al cortarle una conexión de luz ilegal

La Guardia Civil mantiene abierta una investigación contra un hombre acusado de agredir con un …