Preto de 120 persoas participan na 25 Andada a Santo André Teixido organizada polo Concello de Valdoviño

Foto- concello de Valdoviño

Preto de 120 persoas tomaron parte na mañá de hoxe sábado na Andada a Santo André de Teixido organizada polo Concello de Valdoviño. Tratábase dunha edición do máis especial, xa que se cumprían 25 anos dende a primeira.

Sete persoas participaban nunha e noutra, entre elas a técnica municipal de Cultura, Rita Díaz, gran impulsora deste proxecto, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, que actuou como guía en boa parte das 25 edicións, aínda que nesa primeira e noutras posteriores facíao na súa condición de arqueólogo.

Foto de «Familia» -25 andada a Santo Andre de Teixido | Foto. Concello de Valdoviño

Coa mesma ilusión, os romeiros e romeiras partían dende o lugar da Rocha ben cedo, e contra o mediodía alcanzaban o santuario cun tempo do máis idóneo, sen sol e apenas sen choiva. Entre as paradas destacadas, a vella igrexa de Loira, a capela da Fame, onde puideron acceder ao interior e admirar o fermoso retablo policromado, e máis Porto do Cabo, onde agardabanunhasanfitrioas «moi especiais» chegadas de Vilaboa para ofrecer mazás, bola e máis café.

Como broche de ouro, o Concello entregaba ás persoas participantes unha peza de cerámica conmemorativa desta 25 edición elaborada por Mai Estudo de Cerámica, con sede en Vilarrube.

Lea también

Agredido un sindicalista de la CIG en As Pontes durante la colocación de una pancarta

La Confederación Intersindical Galega (CIG) ha manifestado su total condena y repulsa ante la agresión …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *