A Casa da Cultura de Neda acolle este venres a estrea da peza teatral “Raíñas”

 

 

teatro as raiñasA concelleira de Cultura, Eva Olmo, animou á veciñanza a acudir este venres, 22 de marzo, á estrea da obra teatral “Raíñas”, a cargo da compañía Oquetiqueiras. A función dará comezo ás 20,30 horas e o prezo das entradas é de dous euros, de cara a facilitar a asistencia do público.

“Raíñas” é unha adaptación libre de Eva Castro do texto “Ni princesas, ni esclavas” de Humberto Robles. Está dirixida por Luis G. Ramos e interpretada por Fernanda Martínez, María Polo e Eva Castro. Narra a historia dunha ama de casa, unha sexo-servidora e unha intelectual.

Todas elas comparten varios puntos en común: son mulleres, sofren, non se conforman, queren cambiar a súa vida… “Raíñas” é unha divertidísima crítica social, intrigante, atrevida e irreverente.

 

 

 

Lea también

Fene reivindica a cultura, a memoria e o compromiso colectivo no acto institucional do Día da Patria Galega

O Concello de Fene celebrou na tarde deste xoves, día 8 de xullo, no Parque …