Neda licita os traballos para converter o soto da Cultura da Cultura nun gran arquivo municipal

O Concello de Neda licita as obras de acondicionamento do soto da Casa da Cultura, un espazo que no seu momento acolleu o ximnasio, para habilitar un gran arquivo municipal que permita xuntar e conservar toda a documentación administrativa, que se reparte actualmente en catro localizacións diferentes.

Casa da Cultura de Neda, foto Galicia Ártabra

O proxecto, que inclúe ademais o pintado das fachadas do inmoble, supón un novo avance na posta a punto do edificio, e contará cun orzamento máximo de 79.275 euros.

A intervención pretende fundamentalmente quitar o máximo partido ao citado andar, que se atopa na actualidade claramente infrautilizado, compatibilizando usos como arquivo da biblioteca hai unha zona con estantes modulares rodantes-e almacén.

A idea non é outra que dotar á localidade dun espazo único que reúna e custodie todos os fondos documentais públicos.  Con este obxectivo, resulta indispensable poñer a punto as dependencias. Así, ademais de baleirar e desmontar estruturas obsoletas en desuso, cambiarase o solo, acondicionaranse paredes e teitos, instalarase iluminación led, e equiparase o espazo con novos andeis modulares fixos.

Ao tempo, complementando as obras de actualización do inmoble desenvolvidas no presente mandato (cambio da cuberta, substitución de todas as fiestras e portas exteriores, renovación da biblioteca), o proxecto contempla tamén o pintado exterior da totalidade do edificio, epicentro da oferta cultural e de lecer municipal.

As empresas interesadas en asumir os traballos, financiados con cargo aos fondos do POS + Adicional 2/2025, poden presentar as súas ofertas ata o 15 de outubro.

Os pregos están dispoñibles no perfil do Concello na Plataforma de contratación do sector público.

Lea también

“Crónicas dun NON!” chega a Neda dentro do ciclo de cinema documental

Cuarta entrega do ciclo de cinema documental do Concello de Neda. Este venres día 9 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *