Valdoviño reedita o programa de visitas escolares á lagoa da Frouxeira da man da Sociedade Galega de Historia Natural

O proxecto está aberto aos centros educativos de toda Galicia.

Visita á Lagoa da Frouxeira | Foto Concello de Valdoviño

Iniciado o novo curso, o Concello de Valdoviño volve apostar polo programa escolar de visitas guiadas á lagoa da Frouxeira que organiza en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

Este proxecto, que activaba hai uns anos, busca contribuír á divulgación, respecto e protección dun dos cinco humidais protexidos en Galicia. Así, da man da entidade ecoloxista, programaranse percorridos guiados e concertados para os centros educativos, adaptando o discurso ás idades dos alumnos e alumnas participantes. Explicaráselles a súa importancia, centrándose na flora e fauna, e abordando a súa historia e dinámicas, ou as figuras de protección que rixen o territorio.

O proxecto está aberto a todos os centros de Educación Primaria e Secundaria de Galicia, e a participación é de balde.

Así, aqueles coles interesados en concertar unha das visitas guiadas poden enviar un correo electrónico ao enderezo ferrol@sghn.org sinalando nome do centro, curso e número de alumnos e alumnas, ou chamar ao número da asociación no 698 14 13 84.

A lagoa da Frouxeira conta con figuras de protección como as de humidal protexido de importancia internacional, zona de especial protección para as aves (ZEPA), zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) e zona de especial conservación (ZEC).

Lea también

Cabanas celebrará el magosto el sábado 17 en el Local Social del C.C.R.D. San Martín do Porto

El Concello de Cabanas celebrará el magosto el próximo sábado 17 de octubre en el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *