Tirando a dar/ (non) deixemos que falen as pedras

Juan José Burgoajjburgoa@hotmail.com

Deixemos que falen as pedras, escribiu en certa ocasión Alfonso Rodríguez Castelao, un dos mellores coñecedores da arte galega. A pedra foi de sempre o símbolo da intemporalidade e a inmutabilidade, mentres que outros elementos naturais están suxeitos a cambios e caducidade, como é o caso da propia natureza humana. A pedra é un símbolo que traballado ou moldeado polo home, sexa en forma de monumento megalítico, igrexa ou pazo ou ben en forma de escultura, cruceiro ou pedra de armas, proxecta cara ás xeracións futuras a historia dun pobo.

En Ferrol temos hoxe o miserento caso do Cristo da Tahona, una escultura medieval que constitúe una sinal de identidade dos veciños de Canido, e se trata dunha das cruces de pedra máis sobranceiras da Comunidade Galega. Levo moitos anos escribindo en publicacións fora de Ferrol (na miña cidade estou vetado en moitas foros e publicacións) e denunciando nos diferentes congresos e reunións sobre cruceiros e arte popular ao longo de toda Galicia, a carencia de sensibilidade e a ignorancia (raiana no desprezo) dos diferentes Alcaldes e Concelleiros de Cultura de Ferrol cara a esta senlleira escultura.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO Cristo da Tahona

Hoxe, o Cristo errante da Tahona leva meses fóra da Cidade Ensimesmada, colocado de xeito pouco decoroso sobre uns “pallets” nunha exposición na chamada Cidade da Cultura situada no medio do monte Gaiás. Xa que logo teño a dúbida de que o ineficaz Concelleiro de Cultura de Ferrol sexa quen de recuperar pronto estaOLYMPUS DIGITAL CAMERA xoia medieval, sen que no apareza nun garaxe de Milladoiro (como o Códice Calixtino) e sexa  capaz de exponela de forma digna na nosa cidade, espero que meu amigo, o Presidente da Asociación de Veciños de Canido, barrio do que foi espoliada esta cruz de pedra medieval, faga a súa derradeira tarefa polo seu barrio: recuperar o Cristo da Tahona para os seus auténticos donos e depositario históricos, os veciños de Canido.

O escudo de Ferrol   

Outra pedra insigne de Ferrol é a do Escudo de Ferrol da Ilustración, o escudo oficial da cidade que estivo colocado durante case douscentos anos no frontis do antigo edificio do Concello que se levantaba no Paseo das Delicias. Hoxe esta fermosa e histórica pedra de armas atópase arrombada, colocada sen relevancia algunha, no vestíbulo do Centro Cultural da rúa do Hospital, sen unha triste indicación da honrosa función que no seu día tivo. Xa é hora que o Alcalde se decate que o escudo de Ferrol da Ilustración debe estar nun lugar preferente do Centro Cultural.

Leóns do Esteiro

Un novo caso tristeiro é o das dúas senlleiras esculturas dos Leóns do Esteiro, colocadas á intemperie na porta da chamada Exposición da OLYMPUS DIGITAL CAMERAConstrucción Naval. As dúas esculturas estiveron colocadas nas gradas do antigo Estaleiro de Esteiro, onde tiñan a función de bitas de

amarre dos buques que alí se botaban ao mar, como se pode ver en gravados dos séculos XVIII e XIX. Hoxe dormen o sono dos xustos na porta na vez de formar parte dos fondos da devandita Exposición, situándoas dun xeito dino no interior do edificio de Ferrerías.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO peto das ánimas

Outro vergoñento exemplo de desidia e o sufrido polo Peto de ánimas de San Xulián, hoxe malamente instalado nun lóbrego pasadizo do templo catedralicio e que antes estivo moitos anos colocado na entrada lateral da igrexa, servindo de cinceiro aos señores que pedían esmola na porta. Trátase dun singular peto de ánimas do século XVII merecente dunha mellor e máis axeitada colocación, sendo ademais a única obra exenta que se conserva da vella igrexa de San Xiao de Ferrol Vello, derrubada o ano 1762 nas obras do foso do Arsenal Militar.

Monolito a Iglesias Brage

Poderíamos poñer outros exemplos, como o caso da desaparición do Monolito de Iglesias Brage. Este monumento na honra do aviador nacido no barrio de Esteiro levantouse no Parque Municipal o ano 1954, por mor dos vintecinco anos do primeiro voo sen escalas entre Europa e América, coa presenza do propio Iglesiasburgoa-5 Brage. Debido ás obras do xardín didáctico Aquaciencia foi desmontado, sen ter neste intre noticias do seu paradoiro. Que pode dicir o Concello ante esta nova desaparición ?.

Que estean caladiñas

Dicía ao principio que deixemos que falen as pedras. Non, non deixemos que as pedras falen, que estean caladiñas; se falasen berrarían, chamando ignorantes, féridos e duros aos irresponsables das diferentes administracións e entidades que permiten estas falcatruadas.

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …

2 comentarios

  1. Eliseo Zaera Ríos

    Non poiden reprimir un estremecimento diante de tanta desfeita como relatas, querido Juan, sobredetodo no caso do monolito de Iglesias Brage ao que lle encaixa perfectamente o termo «desfeita/o»…, e o estremecimento é,non pode ser menos, polos fondos patrimoniáis do Ateneo Ferrolán, máis de 6 toneladas de material que nestes momentos «penden», dependen, dos responsabeis (non quero ofender) do Concello…, ¿qué pode pasar?… calquera dos exemplos produce desacougo… As últimas xestións do Presidente Veloso, nas que estiven presente apuntan a unha pronta e xubilosa solución, cos bod oficios do concelleiro Hevia…, xa veremos.

  2. Ramiro Feal Martínez

    Espero amigo Juan que tu magnífico artículo, que mueve a la indignación y tristeza, remueva la conciencia de algún político del Concello y se tome el obligado interés que el caso requiere para que estos tesoros de nuestra historia ferrolana se recuperen, y queden para siempre bien custodiados y a la vista en nuestro museo Torrente Ballester. No cabe duda que este estado de cosas no ayudan para que podamos aspirar a ese tan anhelado reconocimiento de «Ferrol, Patrimonio de la Humanidad», de capital importancia para nuestra ciudad , y que probablemente esta Corporación, al igual que las que las predecesoras, no moverá un dedo para su consecución. Ellos se ocupan de cosas más importantes: La Plaza de España, las verbenas, los baches, los programas del Jofre, etc. Cosas veredes, amigo Sancho.
    Unha perta