A militancia do PSdeG-PSOE de Ferrol xa ten no seu correo electrónico o segundo número do Boletín Socialista, que tamén poderá ser consultado en papel na sede da Agrupación local, no número 6 da rúa Pardo Bajo. Ademais e como xa aconteceu o pasado mes, as entidades sociais do municipio con dirección de correo electrónico irán recibindo nos vindeiros días e por esta canle dito boletín., xa que como se indicara na presentación do seu primeiro número, un dos obxectivos desta iniciativa pasa por dar a coñecer o traballo realizado pola Agrupación Socialista local, ao tempo que se artella unha ferramenta de comunicación de ida e volta coas asociación, abrindo espazos de colaboracións, queixas, opinións e suxestións para afiliados, entidades e cidadanía en xeral.
Neste segundo número, que se corresponde co mes de febreiro, abórdanse temas de interese e actualidade do municipio, destacando unha doble páxina sobre o naval, unha reportaxe sobre o barrio de Caranza e as propostas que ten o PSdeG-PSOE para esta zona ou as iniciativas formuladas polas dos deputadas sobre cuestións tales como o trazado do tren ao porto exterior, as emendas aos orzamentos da Xunta ou a necesidade de rehabilitación do Castelo de San Felipe. Os artigos de opinión da deputada e secretaria de Igualdade da Executiva, Paloma Rodríguez, sobre a vindeira celebración do Día da Muller Traballadora (inclúe o manifesto socialista), ou o da secretaria de Organización e experta en patrimonio, Rosa Méndez, sobre o proxecto de cidade, integran tamén este número.
Esta iniciativa está coordinada dende a área de Comunicación pola súa responsable, Eva Martínez, ademais de Bruno Díaz e Cristina Prados, encargados de todo o relativo ao deseño xunto. No comité redactor atópanse diferentes membros da Executiva Local, que colaborarán en todos e cada un dos diferentes números aportando a súa opinión e outro tipo de achegas vencelladas ás súas respectivas áreas de traballo.