A deputación continuará apoiando a tradición das alfombras do Corpus en Ares

alfombras-1A Deputación Provincial, a través da súa vicepresidenta, Mariel Padín, comprométese a garantir que a festa do Corpus en Ares se manteña tal e como se fixo nestes últimos anos e, polo tanto, reciba as axudas necesarias para iso. Esta foi a principal mensaxe trasladada por Padín á delegación que viaxou onte á sede da institución coruñesa para abordar a necesidade de recuperar a parte da subvención negada inicialmente este ano por parte do Goberno provincial, e da que formaba parte, ademais de responsables da Asociación de Alfombras Florais, o concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández.

Esta reunión tivo lugar despois dunha serie de xestións realizadas por parte do alcalde, Julio Iglesias, que incluso presentara unha moción no Pleno da Deputación instando a esta institución a asinar un convenio nominativo coa entidade aresá para manter as axudas económicas, rebaixadas a máis da metade neste exercicio.

Como puxeron de manifesto os asistentes a esta reunión coa vicepresidenta da Deputación, non ten sentido que unha festa que foi declarada en 2011 de Interese Turístico Rexional por parte da Xunta de Galicia non teña visto mellorar as aportacións económicas concedidas pola institución provincial, senón todo o contrario.

Segundo este compromiso, na subvención que a Asociación de Alfombras solicitará para a festa deste ano do Corpus, a Deputación garantirá o apoio necesario para que as ducias de veciños e veciñas que xa están a traballar a reo para as rúas da vila luzan como cada ano e reciban a visita de miles de persoas, poidan seguir mantendo esta importante tradición.

 

Lea también

Ares celebra o 25N cunha ampla xornada divulgativa sobre a materia

A concellaría de Igualdade e Benestar, xunto co Centro de Información á Muller (CIM) de …