
A Aula Magna da Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol acolleu este xoves, con grande éxito de participación, a charla “Cidadanía Segura”, protagonizada polo xefe da Policía Local de Ferrol, José Antonio Chao. A actividade estivo organizada pola Cátedra de Protección Civil e Xestión e Emerxencias, impulsada conxuntamente pola Universidade da Coruña (UDC) e pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.
A iniciativa, que suscitou un notable interese tanto entre a comunidade universitaria como entre a cidadanía, desenvolveuse en formato entrevista, coa participación do presidente da Asociación de Alumnos e Exalumnos da UDC Sénior en Ferrol, Antonio Polo, e da alumna do máster en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns da Facultade de Ciencias do Traballo, Elena Mosquera. Ambos os dous trasladáronlle ao responsable policial as súas inquedanzas en materia de seguridade desde unha perspectiva intexeracional.
Durante a charla, abordáronse cuestións de especial interese social, como o papel da policía de proximidade, a atención a persoas maiores, a efectividade das denuncias, a resposta policial ás demandas cidadás e a seguridade nos espazos públicos e nas zonas de lecer.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.