Auga, agricultura e electricidade: tres propostas de cooperación en Mozambique da man do alumnado do Campus de Ferrol

Once estudantes do grao en Relacións Internacionais elaboran tres podcast nos que presentan posibles solucións ás necesidades da poboación do distrito de Tsangano. Os traballos, desenvolvidos no marco dun proxecto de Aprendizaxe Servizo (ApS), chegarán á cidadanía a través das radios municipais galegas.

Fuente Campus Industrial de Ferrol

Once estudantes do terceiro curso do grao en Relacións Internacionais, titulación que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, participaron ao longo deste primeiro cuadrimestre no proxecto de Aprendizaxe Servizo (ApS) “Concienciando e divulgando coñecemento a través das ondas”, impulsado polos profesores Félix Puime e Joaquín Enríquez no marco da materia de Xestión de Proxectos de Cooperación I.

Como continuación desta iniciativa de innovación docente posta en marcha en cursos anteriores, o alumnado, organizado en tres grupos de traballo, elaborou tres podcast nos que presenta outras tantas propostas de cooperación para o distrito de Tsangano, en Mozambique. Así mesmo, creou tres perfís na redeç social Instagram para dar a coñecer estas propostas.

No primeiro dos podcast «Auga para o futuro» Carlos Vila, Albenis Rodríguez, Valeria Baña e Jonay Bacallado propoñen levar auga potable a unhas 2.000 persoas da comunidade de Tsaladzi, así como aproveitar a enerxía solar para quentar auga na escola, no centro de saúde e nun punto de uso comunitario.

Pola súa banda, en «Raíces de Tsangano» Belén Míguez Ramos, Alicia Antelo González e Antía Díaz Rey propoñen que as 22 familias dunha cooperativa agrícola merquen sementes en común e comercialicen conxuntamente  súas colleitas co obxectivo de reducir custos e negociar mellores prezos.

No terceiro podcast «Luz para Tsangano», Alex Rousseaux, Raquel Trabazo Veiga, Angela Fernandez Pita e Patricia Figueroa Brito presentan un plan para conectar á rede eléctrica a escola ESIL, a clínica Regina Coeli e as bombas que abastecen de auga a poboación.

Os tres podcast emitiranse, a partir do luns 30 de novembro e con periodicidade semanal, nas distintas radios locais que integran a asociación Emisoras Municipais Galegas (EMUGA). Esta emisión será posible grazas ao convenio entre a entidade e a Universidade da Coruña (UDC), a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), para a elaboración e a difusión de proxectos de Aprendizaxe Servizo (ApS).

Deste xeito, amplíase o alcance do traballo desenvolvido polo alumnado e achéganselle á cidadanía as iniciativas de innovación docente que se impulsan desde o Campus Industrial de Ferrol.

Lea también

Pasek presenta Duncon, su apuesta por la «reindustrialización regenerativa» en As Pontes

Prevé invertir hasta 70 millones en un proyecto a desarrollar en varias fases en el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.