Trátase dunha iniciativa de educación para a saúde deseñada como un espazo para aprender, resolver dúbidas e mellorar a calidade de vida, con tres grandes eixos, alimentación saudable, exercicio físico e coidado dos pés.

Profesionais de Medicina Familiar e Comunitaria, de Enfermaría Familiar e Comunitaria, residentes da especialidade, e alumnado de Enfermaría do centro de saúde de Serantes organizaron unha formación grupal de educación para a saúde sobre os coidados da diabetes, onte no local social de Serantes en Ferrol. Trátase dunha iniciativa de educación para a saúde deseñada como un espazo para aprender, resolver dúbidas e mellorar a calidade de vida, con tres grandes eixos, alimentación saudable, exercicio físico e coidado dos pés.
Foi unha proposta aberta, e escolléronse 25 participantes seleccionados primando criterios de equidade sobre sobre os inscritos nesa oferta aberta.

De feito, querían chegar a aquelas persoas nas que é de maior utilidade a formación, como a poboación adscrita ao Centro de Saúde de Serantes con algún dos seguintes factores de risco: diagnóstico de Diabetes Mellitus tipo 2 con tratamento de antidiabéticos orais, con ou sen Insulina; persoas con glucemias basais alteradas; con Intolerancia á glicosa; con Hemoglobina glicada maior do 5,7%; ou persoas con antecedentes de diabetes xestacional.
Aumentar o coñecemento e fomentar o autocoidado
Entre os obxectivos xerais destes profesionais para esta formación, explican, figuran o de aumentar o coñecemento dos participantes sobre a Diabetes Mellitus e as súas complicacións; fomentar o autocuidado nos asistentes á sesión; diminuír os eventos adversos ligados ao mal control das alteracións no metabolismo da glicosa; e recoñecer factores de risco polos que acudir ós profesionais da Saúde.
Esta actividade ten unha avaliación tamén por parte dos e das profesionais organizadores, que medirán o aumento dos coñecementos sobre complicacións da Diabetes Mellitus, e melloría nos coñecementos sobre a alimentación recomendada, e nos coñecementos sobre a autoinspección e autocoidado dos pés na Diabetes Mellitus aspectos todos obxectivados mediante cuestionario previo e posterior á intervención.

Xunto con estes, haberá igualmente unha avaliación a medio prazo que valore a melloría do patrón de actividade física nos participantes mediante o cuestionario Rapid Assessment of Physical Activity, e a valoración da melloría nos niveis de Hemoglobina Glicosilada dos participantes, ámbalas estas dúas análises ós catro meses da intervención.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.