Unha ampla representación do Grupo de Participación Infantil Irmandiños 23 do Consello Local da Infancia, – 14 nenos- asistiu xunto coa alcaldesa, Beatriz Bascoy , e a concelleira Cristina García, ao Foro de Participación Infantil no Parlamento de Galicia para a celebración do Día Mundial da Infancia.

Trala xornada no Parlamento compartiron xantar en Santiago coa rapazada do CLIA do Concello de Cedeira, con quen se trasladaron tamén en autobús compartido polos dous concellos.

Ademais a rapazada do grupo de participación infantil e adolescente Irmandiñ@s do 23, do Concello de Moeche presentou unha serie de propostas a Unicef Galicia sobre a importancia dos orzamentos participativos, a rendición de contas e a participación como ferramenta de mellora da comunidade.
A programación do Dia da infancia continuará o luns coa celebración do Pleno da CLIA e a aprobación da Declaración institucional do Día Internacional da Infancia.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.