Julián Reina chama á cidadanía a analizar os datos e encher as urnas de voto socialista o 29 de novembro para non retroceder

 

O candidato número dous ao Congreso estivo hoxe no reparto que se realizou no barrio de Esteiro acompañado de militantes da agrupación de Ferrol | Foto PSdeG-PSOE

O candidato número 2 do PSdeG-PSOE ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, Julián Reina, realizou esta mañá declaracións aos medios no barrio ferrolán de Esteiro, xusto antes de iniciar un reparto de propaganda electoral xunto a militantes da agrupación local. 

Durante a súa intervención, Reina explicou os obxectivos da candidatura socialista de cara aos vindeiros anos, tomando como base o traballo desenvolvido nos últimos catro anos e defendendo os avances sociais impulsados polo Goberno, como o incremento do salario mínimo interprofesional (SMI), que, segundo sinalou, non vai cambiar «nin unha coma» tras o 29 de novembro digan o que digan desde a CEOE. 

O candidato socialista criticou as actitudes de quen considera que por ser dono de grandes empresas é dono da democracia, afirmando que esas declaracións non representan nin a maioría social nin a maioría de pequenas e medianas empresas ou autónomos que «cada mañá levantan as persianas e sacan adiante este país«, e acusou esas posturas de denostar a un colectivo. 

No ámbito das políticas sociais e das pensións, Reina rexeitou que o Partido Popular intente agora proclamarse defensor das pensións —citando o encontro do candidato número 1 ao Senado a tempo parcial e alcalde da cidade con entidades sociais— e animou á cidadanía a consultar os datos oficiais para comprobar como quedou a bolsa das pensións durante os gobernos do PP. Advertiu tamén contra as políticas de copago, a redución do gasto público para introducir capital privado e o que definiu como gobernar para catro grandes capitais, ao tempo que cualificou a Alberto Núñez Feijóo como «un gran xestor de fondos buitre» cuxa traxectoria institucional consistiu, ao seu xuízo, en beneficiar entidades privadas e adelgazar a administración pública. 

Julián Reina lembrou a mobilización do vindeiro domingo 22 contra a violencia de xénero, fronte a un partido que, segundo dixo, propón suprimir o Ministerio de Igualdade. 

Por último, o número 2 da candidatura socialista pola Coruña animou a toda a cidadanía a analizar os datos e a acudir masivamente ás urnas co voto socialista o vindeiro día 29 de novembro porque, concluíu, «este país non se pode permitir ir cara atrás unha vez máis». 

Lea también

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, ha mantenido un encuentro con trabajadores de la industria en Ferrol

Pontón acusa al PP de utilizar Galicia como «banco de pruebas» de los recortes que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.