‘«Só»… Déixate de escusas’, lema para conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 ‘Escape room’ en centros educativos, microteatro nos barrios e a VII Carreira e Andaina contra a Violencia Machista, son algunas das actividades para o 25N en Ferrol.

Foto de archivo. 25N Ferrol-2025

O Concello de Ferrol deu a coñecer este xoves a campaña e a programación que se realizará con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o vindeiro 25 de novembro.

A campaña preséntase baixo o lema «Só»… Déixate de escusas, e o público principal é a mocidade de Ferrol, especialmente a todos aqueles adolescentes e persoas adultas novas que desenvolven parte das súas relacións afectivas e sociais en contornas dixitais para recoñecer as violencias machistas dixitais, cuestionar as escusas que as normalizan e promover relacións baseadas no constentimento, a liberdade e o respecto. Unha palabra pequena pode ocultar unha conduta grave. “Só lle pedín o contrasinal”, “só insistín un pouco”, “só a reenviei”. Nestas frases, o “só” intenta presentar como pouco importante ou minimizar unha acción que controla, presiona, humilla ou vulnera a intimidade dunha muller.

A campaña toma esa palabra cotiá, converténdoa no seu elemento central, e ten como obxectivo facer recoñecibles as condutas violentas, desmontar a minimización, situar a responsabilidade en quen actúa, promover un cambio de conduta e ofrecer criterios para poder identificar ditas manifestacións.

Para contribuír á consecución destes obxectivos, o Concello poñerá en marcha nos vindeiros días unha ampla programación.

Foto de archivo. 25N Ferrol-2025

ACTO INSTITUCIONAL, ILUMINACIÓN E PUNTO LILA E ARCO DA VELLA

O eixo central sobre o que xira a programación é o acto institucional que se celebrará o mércores, 25 de novembro, no salón de recepcións do pazo municipal a partir das 11:45 horas. Nel, darase lectura á declaración institucional coa participación de alumnado de diversos centros educativos e contará cunha performance xurdida no Consello Municipal de Igualdade e Muller.

A fachada do pazo municipal iluminarase de cor violeta desde o luns 23 ata o domingo 29 de novembro. Así mesmo, colocarase unha pancarta o día 25, que quedará pendurada do balcón ata o 29 de novembro.

A campaña contará co apoio do tecido deportivo da cidade, de xeito que o Baskemi Ferrol, Valdetires, Baxi Ferrol, O Parrulo e Racing de Ferrol realizarán unha fotografía coa pancarta conmemorativa ao inicio do seus vindeiros encontros.

Entre as accións programadas, tamén está a instalación dun punto Lila e Arco da Vella de sensibilización e información para a eliminación da violencia contra as mulleres o sábado 21 de novembro no centro comercial Parque Ferrol (de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas), e no IES Sofía Casanova o mércores 25 de novembro (cun horario de atención de tres horas pola mañá).

Foto de archivo. 25N-2025

VII CARREIRA E ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Unha vez máis celebrarase a carreira e andaina contra a violencia machista, que este ano chega á súa sétima edición o domingo 22 de novembro. Haberá catro categorías masculinas e femininas: sub 18, sub 23, sénior (nacidos entre m2003 e 1991) e máster (nacidos no 1990 e anteriores). A andaina está aberta a todas as idades. Todas as persoas participantes recibirán unha camiseta conmemorativa.

A inscrición neste evento é gratuíta e debe formalizarse a través da páxina web de Carreiras galegas antes das 22:00 horas deste xoves día 19.

As persoas que se inscribiron antes do martes 17, poderán recoller os seus dorsais na Casa da Muller hoxe e mañá venres en horario de 10:00 a 14:00 horas; mentres que as persoas que se inscribiron desde o mércores 18, recollerán o dorsal o propio día da carreira no palco da música do Cantón de Molíns a partir das 09:00 horas e antes do inicio da carreira.

‘ESCAPE ROOM’ E TEATRO PARA O ALUMNADO

No marco do 25N realizaranse oito sesións do escape room en centros educativos titulada Axentes de cambio. Desbloquea a igualdade, unha actividade cooperativa que terá por finalidade que o alumnado de 1º e 2º da ESO aprendan e xoguen en torno á igualdade de xénero identificando comportamentos que agochan sinais de control. Os participantes axudarán a escapar á protagonista (unha adolescente que está vivindo unha situación de acoso sutil do que non é consciente) dunha realidade tóxica provocada pola súa parella.

Tamén haberá teatro para alumnos de 3º a 6º de Educación Primaria en diversos colexios coa representación da obra Rachando co guión, que aborda a corresponsabilidade, a igualdade e a prevención das violencias.

Realizaranse un total de 16 pases de microteatro o venres 27 e o sábado 28 de novembro a cargo de Trémola Teatro. O venres terán lugar na AVV de Serantes (17:45 horas), AVV de Valón (18:15), AVV de Esmelle (19:00), AVV de Covas (19:45), La Colmena Catabois (20:15), 135 de la Real (20:45), Artesa Canido (21:15) e Cuerda Floja Ferrol Vello (21:45). O sábado terán lugar en Yves Coffee Inferniño (12:30), Enigma Inferniño (13:00), Monterrey Faxardo (13:30), Molino Viejo San Xoán (14:00), La Central Villa Soledad (20:30), Galicia Caranza (21:00), Golden Esteiro (21:30) e Monique Esteiro (22:00).

Lea también

Más de 1200 jóvenes se dan cita en la II Feria de Formación y Educación

El evento se está desarrollando en esta jornada con el trabajo conjunto de la Universidade …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.