Os populares reformarán o sistema de seguimento telemático das ordes de afastamento, que pasará a depender do Ministerio do Interior.

O candidato número 1 ao Senado pola provincia da Coruña, José Manuel Rey Varela, avanzou hoxe as propostas do proxecto de Alberto Núñez Feijóo para recuperar a seguridade cidadá, reforzar os medios das forzas e corpos de seguridade do Estado e garantir unha protección efectiva ás vítimas de violencia.
“Queremos que os cidadáns poidan sentirse seguros nas rúas e que os profesionais das forzas e corpos de seguridade conten cos medios necesarios para facelo”, manifestou.
Nesta liña, Rey Varela subliñou que Ferrol contará cunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) da Policía Nacional co próximo Goberno de Feijóo, dando resposta a unha reivindicación histórica da cidade, da comarca e dos propios profesionais do corpo. “Ferrol e a súa comarca levan anos demandado unha UPR, trasladamos esta petición dende o Concello e tamén a través da Mancomunidade, pero o Goberno do Estado volveu a mirar para outro lado”, lamentou.
O Concello de Ferrol a través da súa Xunta local de seguridad solicitou en outubro de 2025 un reforzo de efectivos e medios, que o Ministerio de Interior obviou por completo. “Ferrol non pide privilexios, pedimos os mesmos medios e recursos que teñen outras cidades e que Ferrol necesita pola súa realidade social, territorial e poboacional”, apuntou.
Atendendo a esta petición Rey Varela, recordou tamén as numerosas denuncias presentadas polos sindicatos policiais alertando da grave falta de persoal e material que sofren na cidade e do estado no que se atopa a comisaría que da servizo aos concellos de Ferrol e Narón. “Non é aceptable que os profesionais teñan que traballar con recursos insuficientes mentres o Goberno ignora as súas necesidades”, advertiu.

MÁIS MEDIOS E RECOÑECEMENTOS
O candidato ao Senado avanzou que entre os compromisos do Partido Popular figura tamén o recoñecemento da Policía Nacional e da Garda Civil como profesións de risco, así como o reforzo da protección xurídica dos axentes e do recoñecemento da súa condición de autoridade. “Non se pode esixir aos policías e gardas civís que garantan a seguridade de todos se despois non se lles proporciona a protección, os medios e o recoñecemento que merecen”, sinalou.
O proxecto popular contempla a reforma do delito de desordes públicas para ampliar as condutas castigadas e endurecer as penas por participar en disturbios violentos que atenten contra as persoas,os axentes da autoridade e o patrimonio público e privado.
No ámbito administrativo, proponse elevar a un mínimo de 3.000 euros as multas para quen participe activamente en actos de vandalismo contra bens públicos ou privados durante desordes multitudinarias que alteren gravemente a seguridade cidadá, sempre que os feitos non constitúan delito.
Rey Varela insistiu tamén na necesidade de construír unha nova comisaría da Policía Nacional en Ferrol, unha infraestrutura que considera imprescindible para
mellorar as condicións de traballo dos profesionais e ofrecer unha atención máis
eficaz á cidadanía.
Tras a aprobación definitiva do plan de urbanización do Sánchez Aguilera, contemplase una parcela para a construción desta nova infraestrutura dependente do Ministerio de Interior, “temos o solo e a demanda dos profesionais, só falta a vontade política para dotar á cidade da comisaria que necesita”, declarou, “algo que será unha realidad con próximo goberno”.
PROTECCIÓN REAL ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA
Outro dos eixos prioritarios das propostas populares será recuperar a fiabilidade do sistema de seguimento telemático das ordes de afastamento, tras os graves problemas rexistrados coas pulseiras antimaltrato. “É unha vergoña o que sucedeu coas pulseiras, un sistema que debía ofrecer garantías de protección ás mulleres vítimas de violencia de xénero e que acabou xerando preocupación, inseguridade e desconfianza”, criticou.
Neste sentido, anunciou que a proposta do Partido Popular pasa por que o sistema de seguimento telemático dependa do Ministerio do Interior, baixo a supervisión continua das forzas e corpos de seguridade do Estado. Ademais, dotarase de máis medios ás unidades especializadas de Policía Nacional e Gardia Civil e reforzarase a valoración do risco e os plans individuais de seguridade, con protección tamén para os fillos das vítimas de violencia de xénero.
Desgracidamente esta situación é un exemplo máis da mala xestión e dos casos de corrupción que rodean ao goberno de Sánchez. “Agora máis que nunca é necesario un cambio, e o cambio virá con Feijóo”, concluíu, José Manuel Rey Varela.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
