O ‘Amora Café Brunch’ conquistou os padais do público no certame ‘Tapas de Outono’ de Cedeira

O establecemento, aberto hai poucos meses, gaña a sétima edición do certame, o que tamén levan o segundo e tercer premio os petiscos de Bon Pé e O Amanexo.

Tapas de Outono de Cedeira, gañadora 2026- AMORA CAFÉ BRUNCH | Fot. Rocío Cibes

O Amora Café Brunch, un establecemento aberto en Cedeira hai poucos meses, conquistou os padais do público no certame Tapas de Outono. O seu bocado de carrilleira ibérica melosa, glaseada ao viño tinto sobre un brioche dorado e unha suave crema de castañas e cabaza asada, con setas de tempada e crocante de xamón ibérico, gañou esta sétima edición do certame, que se desenvolveu do venres ao domingo pasado cunha alta afluencia de xente e moita animación polas rúas.

Tapas de Outono de Cedeira, 2º premio 2026- BON PÉ | Fot. Rocío Cibes 14/11/26

As votacións do público deron tamén o segundo premio a Bon Pé, que presentou nesta edición un wantán de camarón, setas e crema de castañas sobre compota de mazá, xenxibre e demiglace, rematada con chips de boniato, garanvanzo frito, queixos San Simón da Costa e Cebreiro, setas e un toque de trufa.

Tapas de Outono de Cedeira, 3º posto 2026- AMANEXO | Fot. Rocío Cibes 14/11/26

O Amanexo logrou o terceiro posto cun petisco feito con rabo de boi estofado a baixa temperatura e crocante, o seu mollo, emulsión de patacas e porros, crumble de castañas asadas, falsa chantarela de cabaza e boletos confitados ao allo.

Emitíronse un total de 350 votos válidos, un por persoa e sempre cun mínimo de 7 tapas probadas das 13 presentadas ao concurso. Foi moita a xente que visitou os locais e degustou as tapas, participando no sorteo dun total de 15 cestas, valoradas cada unha delas en 100€.

Ambiente en Cedeira | Fot. Rocío Cibes

O Concello de Cedeira reforzou o programa deste ano coa dotación destes premios complementarios, a maiores da cea que se sorteou entre as persoas que emitiron o seu voto no certame.  Así, repartíronse 13 cestas aos 13 establecementos inscritos no concurso, que sortearon entre a súa clientela, e outras dúas que foron sorteadas polo comercio local entre as persoas que fixeron compras durante os días do certame.

As rúas estiveron animadas o sábado polas charangas Bicoia e BMVC, e o domingo pola asociación Buxainas e a charanga Santa Compaña.

Ademais, este ano celebrouse unha xornada gastronómica previa ao concurso. O martes anterior, desenvolveuse unha mostra de cociña na sala Áncora a cargo de Arantxa Jiménez e Jorge Vázquez, do restaurante O Pozo de Cambre, que contou tamén cunha alta afluencia de público e que complementou a experiencia arredor da restauración.

Ambiente en Cedeira | Fot. Rocío Cibes

Lea también

Ortigueira celebra la IV Feria Agroalimentaria y XXXVI Feria de la Miel de Ortegal

La programación incluirá siete sorteos de cestas de productos locales, sesiones de showcooking, degustaciones de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.