O Concello de Neda ten aberto o prazo para solicitar as subvencións municipais.

O Concello de Neda manterá aberto ata o 1 de decembro o prazo para solicitar as axudas para a promoción de actividades culturais e deportivas, dirixidas entidades, asociacións, ou agrupacións veciñais da localidade. A administración local reserva 16.000 euros para apoio o labor das entidades sen fin de lucro para o financiamento de iniciativas desenvolvidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro deste 2026.
Ao teor das bases da convocatoria, poderán beneficiarse entidades sen fin de lucro, inscritas no Rexistro municipal de asociacións e que desenvolvan as súas actividades “preferentemente no termo municipal” ou, no caso de efectuarse fóra, “deberán tratarse de actividades que suplan ou complementen ás atribuídas ao Concello”.
Cultura
O goberno local destinará 10.000 euros para promocionar as actividades culturais, mantendo o importe máximo a conceder por solicitude en 1.500 euros.
No eido cultural, subvencionaranse actividades como exposicións, publicacións, celebracións, conferencias, homenaxes, concursos, certames, mostras, excursións culturais, eventos musicais, estudios e “en xeral, calquera actividade de conservación, promoción e divulgación dos valores culturais”. Primaranse as iniciativas dirixidas aos colectivo de maiores e á mocidade, así como as organizadas conxuntamente por varias asociacións.
Deporte
No plano deportivo, apoiarase o traballo de clubs deportivos que fomente as actividades físico-deportivas ao longo do 2026. Primarase no reparto de fondos (un total de 6.000 euros) aos que conten con máis fichas en competición federadas, teñan máis dun equipo en competición e realicen actividades de carácter permanente.
A solicitude, acompañada da correspondente documentación terá que presentarse no rexistro xeral do Concello.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.