A campaña «Polo Nadal, consumo local» volverá premiar as compras feitas en San Sadurniño

A campaña “Polo Nadal, consumo local” desenvolverase do 12 de decembro ao 7 de xaneiro e simplifica este ano o sistema de participación.

Foto de arquivo da edición do ano pasado (César Galdo) | fuente Concello de San Sadurniño
 
O Concello de San Sadurniño, a través da área de Desenvolvemento Local, porá en marcha entre o 12 de decembro e o 7 de xaneiro unha nova edición da campaña “Polo Nadal, consumo local”. A iniciativa busca dinamizar o gasto nos negocios de proximidade e sorteará dez lotes de produtos agroalimentarios da zona, valorados en 100 euros cada un, entre a clientela.
 
Como principal novidade desta edición, o sistema de participación simplifícase. A diferenza de anos anteriores, eliminaranse as rifas por tramos de gasto e todas as papeletas serán iguais, entrando no mesmo sorteo de dez cestas idénticas. Para participar, as persoas consumidoras só terán que cubrir os seus datos de contacto na rifa recibida tras cada compra ou consumición e depositala nas urnas dos locais adheridos.
 
O sorteo público celebrarase o luns 11 de xaneiro de 2027, ás 12:00 horas, no salón de plenos municipal, limitándose a un máximo dun premio por persoa.
 
Apoio ao tecido rural e ao produto de proximidade
 
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Manolo Varela Mecías, subliñou que a campaña pretende recoñecer o labor diario do pequeno comercio e da hostalaría, fundamentais para manter a actividade social e combater o peche de negocios por falta de relevo xeracional no rural.
 
Ademais, os lotes que se sortearán incluirán conservas da Fusquenlla e artigos baixo o selo de calidade KB0 do Xeoparque Cabo Ortegal, pechando así o círculo de apoio tanto aos establecementos locais como ás pequenas empresas produtoras da comarca

Os establecementos comerciais e hostaleiros de San Sadurniño que desexen participar nesta edición de “Polo Nadal, consumo local” deberán solicitar os talonarios de papeletas antes do 2 de decembro, chamando ao teléfono 616 332 919 ou mandando un correo a agustin.perez@sansadurnino.gal.

Lea también

Neda habilita ayudas municipales para el transporte de alumnado universitario y de FP

El Ayuntamiento de Neda activa la convocatoria de subvenciones, en régimen de concurrencia competitiva, para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.