O BNG demanda actuacións integrais no ciclo da auga na comarca de Ferrol

O deputado no Parlamento Galego e candidato á alcaldía de Ferrol, Mon Fernández, e a deputada Montserrat Valcarcel, profesora na USC experta no ciclo da auga, anunciaron a presentación dunha iniciativa parlamentaria demandando unha planificación integral na xestión do ciclo da auga na comarca de Ferrol, con diferentes actuacións a curto e medio prazo coherentes coa nova situación climática e poboacional dos concellos.

Fuente BNG

O encoro das Forcadas, que subministra auga para o consumo humano aos concellos de Ferrol, Narón, Fene, Ares e Mugardos, estaba no momento de redactar esta iniciativa a un 27,7% da súa capacidade, ante o que manifestaron, “isto non pasou dun día para outro”.

A seca persistente principalmente, mais tamén a falta dunha xestión dilixente tanto do propio encoro como da rede de subministro, fan que na comarca de Ferrol levemos meses facendo quinielas sobre o momento exacto no que comezarán as restricións de auga nos domicilios dos veciños e veciñas, mentres o alcalde de Ferrol, Rey Varela, limítase a falar da reparación da tubaxe das Pías, unha actuación que ademais de propagandística (nin sequera ten un proxecto), dada a gravidade da situación, é o mesmo que “limitarse a facer rogativas para que chova”, manifestan.

Desde o BNG sinalan que o Concello de Ferrol é o propietario do encoro e da rede de abastecemento principal que conduce a auga aos demais concellos, que pagan por este servizo, “é, polo tanto, o titular e o responsábel”, e salientaron que o actual alcalde, Rey Varela, incluíu os concellos da comarca na ordenanza interna do Concello de Ferrol que regula os prezos do servizo.

A situación actual, consecuencias dun cambio climático e do aumento da presión turística nos meses de verán, fan que debamos tomar medidas inmediatas, no curto e no medio prazo, atendendo a esa nova realidade climática e poboacional. “Mais a solución require de planificación integral e visión de conxunto porque estamos a falar dun ámbito territorial supramunicipal”, polo que, compre a colaboración técnica e financeira de Augas de Galiza.

A empresa da Xunta de Galiza é a titular das competencias en política hidráulica, planificación hidrolóxica, planificación, construción e explotación de obras hidráulicas de interese da Comunidade autónoma de Galiza, ordenación de servizos de abastecemento, e en xeral a empresa é a Administración hidráulica da Comunidade Autónoma de Galiza que determinará a política en relación co ciclo integral de uso urbano da auga, así como a declaración de interese das obras e as actuacións cuxa transcendencia ou efectos exceda do marco municipal.

Diante desta situación os portavoces do BNG explicaron que defenderán no Parlamento Galego unha Proposición non de lei instando á Xunta a realizar as seguintes actuacións:

Reparación da rede actual de abastecemento do Concello de Ferrol, eliminando fugas e vertidos.

Aproveitamento de augas rexeneradas para usos distintos ao consumo humano nos concellos da Mancomunidade, desdobrando a rede de saneamento para facela separativa.

Novos puntos de captación de auga nos concellos da Mancomunidade con perspectiva comarcal.

E aumentar a capacidade do encoro das Forcadas retirando do fondo os sedimentos acumulados durante anos.

Lea también

O BNG deu comezo á campaña eleitoral do 29N cun acto político no barrio de San Valentin en Fene

«O BNG chama a confiar no BNG para que Galiza teña unha voz forte en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.