A música, a emoción e a inclusión foron as protagonistas dunha xornada na que as persoas xordas tamén puideron gozar do festival sen barreiras.

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) colaborou o pasado sábado no festival Incluson, celebrado no paseo de Xuvia, en Narón, co obxectivo de contribuír a facer deste evento un espazo máis accesible e inclusivo para todas as persoas.
A través da interpretación en lingua de signos e do uso de mochilas vibratorias, as persoas xordas puideron achegarse á música dunha maneira diferente, percibindo o ritmo, as vibracións e as emocións que transmite cada actuación.
Esta colaboración permitiu avanzar cara a unha cultura máis accesible, na que a música e as actividades culturais poidan ser compartidas e desfrutadas por todas as persoas.
Desde a AXF queren agradecer especialmente á entidade ITICS o seu compromiso e traballo para facer posibles este tipo de eventos, creando espazos nos que a inclusión non sexa só unha intención, senón unha realidade.
AXF considera fundamental seguir promovendo iniciativas que eliminen barreiras de comunicación e faciliten a participación das persoas xordas na vida cultural e social;«Porque a cultura, a música e as emocións son de todas as persoas. A inclusión tamén significa poder sentir, participar e desfrutar sen barreiras».
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.