Os retos da atención social centran o XIII Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios en Mariñán

A deputada Mar García Vidal e a vicepresidenta do Consorcio das Mariñas, María Barral, inauguraron  o encontro, no que participan un centenar de profesionais dos servizos sociais. A soidade non desexada entre as persoas maiores é un dos asuntos que centran a xornada.

Foto Deputación da Coruña

A deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García Vidal, inaugurou no Pazo de Mariñán o XIII Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios, nun acto no que tamén participou a vicepresidenta do Consorcio das Mariñas e alcaldesa de Betanzos, María Barral, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez. A xornada conta con preto dun centenar de  profesionais e responsables políticos vinculados aos servizos sociais municipais e constitúe un espazo para compartir experiencias e abordar os retos da atención social desde os concellos.

Durante a súa intervención, Mar García recoñeceu o papel dos equipos municipais como primeira porta á que acoden moitas persoas e familias cando precisan apoio. “Vós sabedes o que custa, ás veces, pedir axuda. E sabedes tamén o importante que é atopar, nese momento, unha persoa que escoite, que explique e que acompañe”, afirmou.

Foto Deputación da Coruña

A deputada subliñou que esa atención require coñecemento, sensibilidade e tempo, e defendeu a responsabilidade das administracións de facilitar os recursos necesarios. “Agradecer o voso compromiso está ben, pero temos que acompañalo de medios e de condicións para poder traballar mellor”, sinalou.

O encontro aborda tres cuestións directamente relacionadas co traballo diario dos servizos sociais: as soidade non desexada, especialmente entre as persoas maiores, a contratación pública e a intelixencia colectiva. Sobre a primeira delas, García Vidal chamou a prestar atención ás distintas formas de illamento e á necesidade de chegar a quen non solicita axuda ou deixa de participar na vida da comunidade.

“Necesitamos chegar tamén a quen non pide axuda, a quen non participa, a quen pouco a pouco vai desaparecendo da vida da comunidade”, destacou. Neste sentido, incidiu na importancia de favorecer que esas persoas recuperen vínculos e atopen espazos nos que sentirse parte da súa contorna.

Foto Deputación da Coruña

En relación coa contratación pública, a deputada lembrou que as decisións administrativas teñen consecuencias concretas na vida das persoas usuarias, desde a continuidade da atención e os horarios ata a confianza co persoal que entra nos seus fogares. “Cando preparamos un contrato, temos que pensar tamén nesa casa e nesa persoa”, afirmou.

García Vidal destacou tamén o valor de compartir o coñecemento acumulado polos equipos e incorporar a experiencia das persoas usuarias para mellorar os servizos. “Escoitar os equipos profesionais dos servizos sociais e ás persoas usuarias axúdanos a tomar mellores decisións”, apuntou.

A responsable provincial de Política Social reiterou o compromiso da Deputación de acompañar os concellos, especialmente aqueles con menos recursos, e de atender as achegas dos profesionais que coñecen de primeira man as necesidades da poboación.

Lea también

La Asociación Asturiana de Ferrolterra–Peña Les Fabes concede la Faba de Plata 2026, al magistrado Alejandro Morán Llordén,

La Asociación Asturiana de Ferrolterra–Peña Les Fabes ha concedido este año su máxima distinción, la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.