O Campus de Ferrol participa nas II Xornadas Nacionais de Campus Periféricos que organiza a Universidad de Granada en Melilla

A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas, participa neste encontro que reúne a persoas representantes de 19 universidades españolas para abordar os desafíos comúns dos campus non centrais.

Fuente UDC. A segunda pola dereita, a vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas, xunto ao resto de integrantes da delegación galega entre os que está o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

O Campus Universitario de Melilla, pertencente á Universidad de Granada (UGR), acolle, este martes 27 e mércores 28 de outubro, as II Xornadas Nacionais de Campus Periféricos, un evento que reúne na cidade autónoma a persoas representantes de 19 universidades españolas, entre elas as tres universidades públicas galegas, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade de Vigo (UVigo) e a Universidade da Coruña (UDC).

A finalidade principal destas xornadas é compartir experiencias, identificar problemas comúns, dar visibilidade ás boas prácticas e contribuír á construción dunha alianza de campus periféricos que sexa quen de situar esta realidade na axenda estratéxica do sistema universitario español.

Esta segunda edición dá continuidade ao encontro que tivo lugar o ano pasado no Campus de Ponferrada, da man da Universidad de León, e busca avanzar no diagnóstico dos desafíos compartidos e na elaboración de propostas e liñas de actuación conxuntas que dean resposta ás necesidades destes campus.

A representación das tres universidades públicas galegas está integrada pola vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social da UDC, Ana Ares Pernas; polo vicerreitor de Profesorado e Innovación Docente da USC, Pablo Taboada Antelo; pola vicerreitora do Campus de Ourense da UVigo, María Montserrat Cruz González; polo director do Campus Auga, Alberto Vaquero García; e máis pola vicerreitora do Campus de Pontevedra da UVigo, Marián Fernández Villarino. Xunto a eles viaxou tamén o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

O primeiro campus de especialización acreditado do Sistema Universitario de Galicia (SUG)

O Campus Industrial de Ferrol, pertencente á Universidade da Coruña (UDC), foi o primeiro campus en obter a acreditación como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia (SUG). En decembro de 2023 renovou o seu selo de excelencia por un período de catro anos, un recoñecemento de calidade impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de fortalecer as estruturas dos campus non centrais, aproveitar as súas potencialidades e favorecer a súa competitividade e especialización.

Desde o seu nacemento, en 2015, o Campus Industrial de Ferrol basea a súa especialización en seis liñas estratéxicas: a robótica industrial; os materiais; a optimización de procesos; a enxeñaría naval e offshore; a xestión industrial e o desenvolvemento de produto.

De cara aos vindeiros anos, o reto céntrase en incorporar novas liñas de investigación vinculadas aos eidos da enxeñaría eléctrica e electrónica, das telecomunicacións e da informática, así como en liderar a investigación nivel nacional no campo da fabricación aditiva e da industria 4.0.

Lea también

Estudiantes de Enfermería y de Podología recorren Ferrol para promover hábitos de vida saludables

Alumnado de primer curso del grado en Enfermería y de tercer del grado en Podología …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.