O Campus de Ferrol acolleu un obradoiro sobre IA aplicada á xestión de emerxencias e á protección civil

A Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol acolleu, ao longo da mañá deste martes, o obradoiro “IA xerativa para o traballo diario”, impartido pola profesora da Facultade de Informática e integrante do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) da Universidade da Coruña (UDC), Elena Hernández Pereira.

| Fot. UDC

A actividade centrouse nas posibilidades que ofrece a intelixencia artificial para facilitar a elaboración de documentación, a consulta de protocolos e a xestión de tarefas habituais no eido da protección civil e das emerxencias.

Organizado pola Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, impulsada conxuntamente pola Universidade da Coruña (UDC) e pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, o obradoiro afondou nos fundamentos da intelixencia artificial, nos seus principais riscos e nas consideracións relacionadas coa protección de datos, así como nas posibilidades que ofrecen as ferramentas de IA xerativa para mellorar os procesos de traballo. Deste xeito, púxose o foco na elaboración e na organización da información, na consulta de documentación especializada e na optimización das tarefas organizativas e técnicas.

Ao comezo do obradoiro, achegáronse ata a Aula de Informática o decano da Facultade de Ciencias do Traballo, Moisés Alberto García, a directora da Cátedra en Protección Civil e Xestión de Emerxencias, Sonia Zaragoza, e o xefe da Área de Seguridade do Concello de Ferrol, Manuel Rodríguez. Todos eles valoraron moi positivamente esta proposta formativa, orientada a dar resposta ás necesidades de actualización tecnolóxica dos e das profesionais do eido da protección civil e das emerxencias.

Lea también

A Deputación presenta no campus de Ferrol o libro ‘Cancións para o ano’, da escritora e docente Ánxela Loureiro

O acto contou coa participación da deputada provincial Cristina García Rey, e coa actuación musical …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.