ADOS convida aos estudantes galegos a participar na recta final do reto 10.000 da Rede Española de Universidades Saludables

A UDC Saudable promove o XII Outubro Saudable que remata esta semana co obxectivo de incrementar as doazóns de sangue nas universidades galegas, así como promover a inscrición no Rexistro Español de Doantes de Medula Ósea.

Doante a pe de ADOS | SERGAS

As unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) queren convidar a todos os membros da comunidade universitaria en Galicia a doar sangue no XII Outubro Saudable impulsado pola Rede Española de Universidades Saudables (REUS). Na presente edición, os estudantes galegos poden participar no Reto 10.000 que tenta acadar a cifra de 10.000 doazóns de sangue nas universidades españolas no transcurso do mes de outubro. Así mesmo, na presente edición, marcase tamén o obxectivo de acadar tamén unha cifra de 1.000 inscritos como doantes de medula ósea no REDMO (Rexistro Español de Medula Ósea).

A ADOS lembra a necesidade de acadar unhas 400 doazóns de sangue diarias e, esta semana, precísase reforzar a participación dos doantes Cero Positivo. Neste sentido e co obxectivo de facilitar o acceso á doazón dos estudantes galegos, esta semana as unidades móbiles da ADOS estarán nas seguintes localizacións:

Martes 27 de outubro: unidade móbil diante da Facultade de Arquitectura Técnica da Coruña (das 09:30 ás
14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas)

Mércores 28 de outubro: unidades móbiles diante da Facultade de Enfermería e Podoloxía de Ferrol, diante da Facultade de Arquitectura Técnica da Coruña e diante da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, con horario de atención das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas nestas tres localizacións.

Xoves 29 de outubro: unidades móbiles, en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas, diante da
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, diante do edificio de aulas da Facultade de Veterinaria de Lugo e diante da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.

Neste curso académico, a campaña de doazón nas universidades desenvolvese baixo o lema “Un alento de vida”, que da continuación á iniciativa de captación de doazóns de sangue que xa tivo lugar nos meses de verán, e que tenta sensibilizar á cidadanía da importancia de doar sangue. Nas visitas ao campus da Coruña, este martes 27, e ao campus de Ferrol, do mércores 28, disporase unha montaxe especial consistente na imaxe dunha gota de sangue xigante, na que poderán pegarse globos como metáfora da doazón de sangue como o aire que os doantes facilitan aos enfermos para ter unha segunda oportunidade de vida.

Ademais, a Axencia instalará este martes, na entrada da facultade de Arquitectura Técnica da Coruña, unha mesa informativa sobre outro xeito de doazón: a medula ósea. Os membros da comunidade universitaria poderán achegarse durante toda a mañá para resolver dúbidas sobre este modo de doazón e saber como facerse doadores.

O obxectivo da Axencia para o presente curso académico pasa por achegarse ata as 4.500 doazóns de sangue nos sete campus das tres universidades galegas. Neste sentido, salientar que, no transcurso do pasado curso académico 2025-2026, as tres universidades galegas aportaron un total de 4.605 doazóns de sangue, das cales 1.633 doazóns (un 35% dos doantes) correspóndense con persoas que doaban por vez primeira.

A Universidade de maior número de doazóns foi a de Santiago de Compostela, con 1.891 doazóns de sangue, seguida da Universidade da Coruña con 1.427 e, por último, a Universidade de Vigo cun total de 1.287 achegas.

A ADOS quere agradecer, especialmente, a inestimable colaboración brindada polas tres universidades galegas para o desenvolvemento de iniciativas para impulsar a doazón de sangue, así como doutros xeitos de doazón entre a comunidade estudantil, ao tempo que fai extensivo este recoñecementos a todos os estudantes galegos que doan sangue.

Para máis información, ADOS dispón do portal web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Lea también

La toma de muestras de la nueva fase del proyecto Xenoma Galicia arranca este lunes en el área sanitaria de A Coruña

Las extracciones de sangre comenzarán en el CHUAC el lunes para aquellas personas que recibieron …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.