El Gobierno local de Ferrol sale al paso de las críticas vertidas por los grupos municipales Psoe Ferrol y Ferrol en Común con respecto al anuncio de este lunes de la aprobación por parte del ejecutivo de una ‘operación de crédito’ a corto plazo destinada a facilitar la ejecución de las inversiones previstas en el Presupuesto municipal de 2026.
A través de un comunicado el Gobierno ferrolano aclara que «la concertación de esta operación responde a una cuestión de agilidad en la ejecución de las inversiones, no a una falta de recursos para afrontar los proyectos previstos».
El Concello de Ferrol tiene «un presupuesto de 2026 aprobado y en vigor, con un anexo de inversiones que supera los 12,3 millones de euros. Muchas de estas actuaciones cuentan con financiación procedente de otras administraciones públicas y de fondos europeos».
«La operación de crédito a corto plazo permite precisamente adelantar esos recursos y no tener que esperar a que se produzcan los ingresos procedentes de las administraciones financiadoras o de los fondos europeos. Se trata de una operación de Tesorería que permite pagar antes y justificar fondos gestionados para financiar las grandes transformaciones de la ciudad para recibir antes estos fondos», concluye el comunicado.
O Grupo Municipal Socialista de Ferrol pola súa banda criticou a decisión da Xunta de Goberno Local de aprobar unha nova operación de crédito por importe de 10 millóns de euros, unha póliza a curto prazo coa que o executivo de José Manuel Rey Varela pretende adiantar o financiamento dos investimentos previstos no Orzamento municipal de 2026.
O concelleiro socialista Rafael Fernández considera que esta nova operación “hai que poñela no contexto da política económica e da capacidade de xestión do goberno municipal durante todo o mandatoˮ. “En acudir aos bancos e pagar xuros son os primeiros; en executar o orzamento e os investimentos son os últimosˮ, afirmou Fernández, quen sinalou que “o problema de Ferrol non é a falta de cartos, senón a incapacidade deste goberno para transformar os recursos dos que dispón en obras e melloras reais para a cidadeˮ.
A propia comunicación do goberno municipal establece que a nova operación terá un importe máximo de 10 millóns de euros, unha duración máxima dun ano e deberá ser cancelada cos ingresos procedentes da recadación municipal e das subvencións previstas. Engaden.
Os socialistas lembran que esta póliza non é un feito illado. Nos últimos anos o Concello foi recorrendo sucesivamente a diferentes operacións de financiamento: 6,3 millóns de euros en 2023, 12 millóns en 2024, preto de 8,9 millóns en 2025 e arredor de 7 millóns vinculados aos investimentos do Orzamento de 2026. Agora, a estes importes engádese unha nova póliza por 10 millóns de euros, elevando por riba dos 44 millóns de euros o volume das operacións de financiamento tramitadas ou impulsadas neste período.
Fernández precisou que “non estamos dicindo que o Concello teña 44 millóns de euros de débeda viva, porque non todas as operacións teñen a mesma natureza nin significa que todo ese diñeiro fose disposto. O que dicimos é que levamos anos vendo como se suceden as operacións de crédito mentres os investimentos quedan sen executarˮ.
Para o PSOE, precisamente aí está a contradición da política económica do PP “Piden financiamento para executar investimentos, pero despois non son capaces de executar os investimentos para os que buscan financiamentoˮ. Millóns no banco e investimentos no papel O Grupo Socialista lembra que a execución dos investimentos municipais foi de apenas o 7,84 % en 2024 e quedou no 16,8 % en 2025, unhas cifras que, ao seu xuízo, evidencian que o principal problema do Concello non está na capacidade para obter recursos financeiros, senón na capacidade do goberno para xestionalos.
“Rey Varela pode aprobar orzamentos millonarios, anunciar proxectos e contratar operacións financeiras, pero ao final do ano hai unha pregunta moi sinxela: canto do prometido se fixo realmente? E os datos de execución levan anos dando a respostaˮ, indicou Fernández.
O PSOE xa advertiu ademais este ano da existencia de máis de 20 millóns de euros en préstamos formalizados pendentes de utilización, segundo a información municipal analizada polo grupo socialista. “Por iso resulta difícil explicarlles aos ferroláns que a solución volva ser acudir ao banco por outros 10 millóns. Antes de pedir máis cartos habería que explicar que pasou cos anteriores e por que seguen sen executarse tantos investimentosˮ, apuntou Fernández.
Asimismo o grupo socialita afirman que segundo a información facilitada polo propio goberno municipal, a nova póliza pretende adiantar recursos para investimentos incluídos no Orzamento de 2026, cun importe superior aos 12,3 millóns de euros, entre os que figuran actuacións relacionadas con Abrir Ferrol ao Mar, o convenio de Transformación Urbana ou a Cidade do Deporte.
Para Fernández, “o sorprendente é que o PP presente como unha mostra de impulso aos investimentos o feito de contratar unha nova póliza. O investimento non se executa cando se pide o crédito; execútase cando se licita a obra, se adxudica, se constrúe e se pagaˮ.
O concelleiro socialista reclamou, por iso, que o goberno de Rey Varela informe con transparencia sobre canto se dispuxo de cada unha das operacións anteriores, canto se pagou en xuros e outros custos financeiros, que actuacións concretas se financiaron e que cantidades continúan pendentes de utilizar.
Ademais, a operación de 10 millóns anunciada agora aínda debe pasar polo proceso de presentación de ofertas das entidades financeiras, para o que o Concello estableceu como límite as 23.59 horas do 15 de outubro. “Ferrol non necesita un goberno especialista en pedir crédito, senón un goberno capaz de executar o seu propio orzamentoˮ, concluíu Fernández. “Porque pedir crédito non é investir, pagar xuros non é executar e anunciar millóns non significa mellorar a cidadeˮ.
Ferrol en Común contestaba esta misma mañá ao anuncio denunciando que o goberno local do PP aumentou os impostos e as taxas municipais (como o IBI, auga e lixo) sen que isto se traduza en melloras, xa que a execución de investimentos apenas chega ao 10%.
A formación cualifica de «falta de ética» que o executivo se endebede en máis de 12,3 millóns de euros a menos dun ano das eleccións, unha decisión tomada sen informar á oposición nin buscar consensos. Segundo denuncian, esta estratexia de «ladrillazo de última hora» e obras «megalómanas» soamente buscan rédito político, pero deixa o concello hipotecado, «sen resolver os problemas reais da cidadanía, nin vivenda, nin políticas sociais non emprego».
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

